NOTA DE PRENSA
REGO ADVIRTE SOBRE A POSIBLE DESAPARICIÓN DOS SERVICIOS DE URXENCIA DOS HOSPITAIS DE BURELA E MONFORTE
-O deputado socialista rexistrou unha iniciativa no Parlamento na que reclama “luz e taquígrafos”, sobre unha enquisa no Hospital de Burela
-Explica que dende a Xerencia do Hospital da Costa estase a remitir unha enquisa ao persoal facultativo segundo se di atendendo a unha solicitude dos servizos centrais do Sergas, sobre a proposta de establecer un único servizo de urxencias nos Puntos de Atención Continuada de Burela e Monforte, e que este estivese plenamente integrado co do hospital, establecendo para iso unha única carteleira e idénticas funcións
Santiago , 19 de novembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou na Cámara Autonómica unha iniciativa na que amosa a súa preocupación sobre a posible desaparición dos servizos de urxencia dos Hospitais Comarcais de Burela e Monforte. Reclama “luz e taquígrafos”, sobre unha enquisa no Hospital de Burela
O deputado socialista explica na iniciativa rexistrada, que dende a Xerencia do Hospital Comarcal da Costa estase a remitir unha enquisa ao persoal facultativo segundo se di atendendo a unha solicitude dos servizos centrais do Sergas, sobre a proposta de establecer un único servizo de urxencias nos Puntos de Atención Continuada de Burela e Monforte, e que este estivese plenamente integrado co do hospital, establecendo para iso unha única carteleira e idénticas funcións.
Rego sinala que na misiva remitida dise que polo de agora só vai dirixida ao persoal facultativo e con carácter meramente informativo, e que esta deberá ser remitida á xerencia para a posterior remisión ao Sergas, para o seu estudio e análise.
O deputado mariñao advirte que dada a sensibilidade que existe nestas zonas sobre un servizo tan prezado como é a atención sanitaria, e ante a incerteza creada coas distintas declaracións dos responsables do Sergas, Rego, interpela á conselleira de Sanidade sobre a supresión dos servizos de urxencias dos hospitais de Burela e Monforte?.