O representante do club náutico solicitou ao presidente de Portos algunhas necesidades para as instalacións do club, neste senso, Portos de Galicia sinalou a súa intención de traballar xuntos a prol de mellorar, aínda mais, as instalacións náutico recreativas de Ribadeo, apoiando ademais a intención do club de tratar de conseguir cara o vindeiro ano unha bandeira azul para o porto de Ribadeo.
Neste senso, o presidente de Portos de Galicia manifestou a sensibilidade do organismo portuario coas peticións solicitadas e a necesidade de revisar e adaptar constantemente as instalacións dos portos de cara a mellorar a operatividade e seguridade de todos os usuarios, así como o apoio a todos os clubs náuticos de cara a conseguir o vindeiro ano o maior numero de bandeiras azuis para as instalacións náutico recreativas de Galicia