Nota de Prensa
O GPPP denuncia o cinismo da Deputación co sector pesqueiro
• O voceiro adxunto dos populares José Maria González Barcia asegura que o apoio económico e político da Deputación a este sector “é cero” e lembra que PSOE e BNG opuxéronse a axudar á promocionar os productos pesqueiros da comarca
Lugo, a 22 de novembro de 2009. O Grupo provincial do Partido Popular denunciou o cinismo e a hipocresía do PSOE en relación co sector pesqueiro, á vista do discurso de vicepresidenta segunda Lara Méndez nos actos de inauguración das Xornadas Técnicas de Difusión do sector celebradas en Celeiro. Para os populares, non se pode falar en Celeiro de apoio ó sector pesqueiro, non dar axudas ou mesmo recortalas, e por riba decir que “non temos competencias”, pero “falamos de ecoturismo e certificacións de calidade nas praias”.
Todo esto fixoo a deputada provincial Lara Méndez, que, en opinión dos populares, se fose consciente de que a Deputación non tén competencias en Pesca seguramente diría outra cousa.
O voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia considera que “Méndez debería cesar a quen lle fixo o discurso, e se o fixo ela ten que documentarse mellor porque o que dixo é un insulto á intelixencia do sector pesqueiro”.
González Barcia afirmou que non se pode ter tanta cara dura para decir en Celeiro que se apoia ó sector pesqueiro, cando as axudas ó marisqueo para semente de moluscos son este ano a metade do que eran o ano pasado, ó pasar de 21.000 a 12.000 euros, ou logo de votar en contra no pleno da Deputación para que se adoptaran medidas para manter os prezos do bonito ou da pescada.
Para Barcia, que a Deputación fale en Celeiro de ecoturismo “sona a chiste”, cando PSOE e BNG votaron en contra na Deputación de organizar campañas de promoción de productos pesqueiros da comarca.
Polo tanto, o voceiro adxunto dos populares considera que o apoio da Deputación ó sector pesqueiro é igual a cero, tanto desde o punto de vista económico coma desde o punto de vista político. “Está ben que se apoie económicamente a organización destas xornadas, pero hai que ser moi insensato para subirse a un estrado e decir o que dixo a representante da Deputación”, engadiu.
González Barcia asegura que “Besteiro usa a comarca da Mariña a xeito de plató fotográfico, pero as aportacións que fai ó sector pesqueiro non deixan de ser palabrería dunha persoa que tén asumido o papel de home anuncio”.
Os populares na Deputación opinan que as liñas de axuda ás confrarías poden e deben establecerse en función de parámetros coma o número de embarcacións, mariñeiros integrados, volumen de capturas, e outros. E mesmo se poden fixar liñas de financión de intereses de créditos destinados á mellora das prestacións das embarcacións ou, se fose o caso, para a adquisición de novas embarcacións. No tocante ás axudas ó marisqueo, o GPPP insiste en que alomenos hai que manter as aportacións que se tiñan en anos anteriores.