Nota de Prensa
Os populares lamentan que esta plataforma estea a ser instrumentalizada políticamente por PSOE e BNG e lembra que só os concellos desta cor política integran a representación institucional dentro da mesma-
O PP PÍDELLE Á PLATAFORMA SANITARIA QUE NON SE DEIXE ENGANAR POR PSOE E BNG E LÉMBRALLE QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2010 CONTEMPLAN MÁIS DE 38 MILLÓNS DE EUROS COMO PRESUPOSTO INDEPENDENTE PARA O HOSPITAL DA COSTA
• Tanto o Presidente da Xunta como a conselleira de Sanidade afirmaron publicamente que o Hospital da Costa mantería a súa autonomía.
• Malia que os orzamentos da Xunta con seu cómputo xeral baixan un punto, o presuposto do Hospital da Costa increméntase nun 2%.
A Mariña, 04 de novembro de 2009.- O Partido Popular da Mariña pediulle á recentemente constituída Plataforma Sanitaria que non se deixe enganar por PSOE e BNG que están a difundir insinuacións sen ningún tipo de fundamento sobre a perda de servizos no Hospital da Costa e lémbralle que nos orzamentos da Xunta para 2010, deseñados polo novo Goberno de Alberto Núñez Feijóo, contémplanse 38.163.153 euros como presuposto independente para este centro sanitario.
Os populares lamentan que esta plataforma estea a ser instrumentalizada politicamente por PSOE e BNG –só os concellos desta cor política integran a representación institucional dentro da mesma- e recordan que tanto o Presidente da Xunta como a conselleira de Sanidade afirmaron publicamente que o Hospital da Costa mantería a súa autonomía.
O HOSPITAL DA COSTA MANEXARÁ EN 2010 UN 2% MÁIS DE ORZAMENTO
Non é certo polo tanto que o presuposto de Hospital da Costa vaia a ser xestionado desde Lugo. O centro hospitalario mariñán dispón dunha partida orzamentaria independente, reflectida nos orzamentos da Xunta para o ano próximo, recollida incluso por algúns medios de comunicación, así como outros moitos investimentos específicos como pode ser o destinado ás reformas varias que establece o seu plan director, e que supón un investimento directo de máis dun millón de euros, o dobre do previsto no ano anterior polo bipartito.
Cabe subliñar tamén que mentres que no seu cómputo global os orzamentos da Xunta baixa un punto porcentual, o presuposto do que disporá o Hospital da Costa increméntase en preto dun 2% ao pasar de 37,8 millóns de euros no 2009 a 38,16 millóns de euros para o ano próximo. A isto hai que engadir outros investimentos que lle correspondan como consecuencia da territorialización das partidas xenéricas.
LISTA DE ESPERA OCULTA
Finalmente os populares lamentan que desde a plataforma sanitaria actúen agora con tanta belixerancia fronte ao novo Goberno de Galicia que asumiu o compromiso oficial e explícito de mellorar os servizos do Hospital da Costa e poñer freo ao deterioro do sistema público de saúde na comarca, experimentado co anterior Goberno. De feito creen que foi unha mágoa que PSOE e BNG hoxe plenamente integrados neste colectivo, non lles tiveran informado ao resto das asociacións cando máis de 4.297 pacientes non eran citados ou non podían acceder ás consultas dos especialistas porque o bipartito os mantiña na lista de espera oculta, agochados nun caixón. “Pois esa si era unha razón de peso para defender a sanidade pública e reclamar hoxe as explicacións oportunas aos seus responsables”
ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA. ANO 2009
SECCIÓN – 2 7 LUGO
SERVIZO – 0 6 HOSPITAL DA COSTA – BURELA
PROGRAMA – 4 1 2 B ATENCIÓN PRIMARIA
CAPÍTULO
ARTÍGO
CONCEPTO
SUBCONC.
EXPLICACIÓN DO GASTO TOTAL CONCEPTOS
TOTAL ARTIGOS E CAPITULOS
4 TRANSFERENCIAS CORRENTES
8 A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO
9 A FARMACIAS
0 FARMACIA (RECEITAS MÉDICAS) 152.454
152.454 152.454
=============
T O T A L C A P I T U L O 4 152.454
T O T A L P R O G R A M A 412B 152.454
T O T A L S E R V I Z O 06 37.840.758