NOTA DE PRENSA
O deputado popular quere saber se o Executivo de Alberto Núñez Feijóo prevé a adxudicación dalgún outro tramo desta vía distinto do que xa foi publicado no DOGA o pasado mes de xuño e para o que a nova Xunta estableceu un orzamento de máis de 32,3 millóns de euros
BALSEIRO OROL PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS PREVISIÓNS DA NOVA XUNTA PARA AXILIZAR OS TREITOS DE COMPETENCIA AUTONÓMICA DO CORREDOR
* ANOS DE ESQUECEMENTO: Nin a Xunta anterior, apoiada por BNG e PSOE, nin o Goberno socialista de Zapatero teñen investido un só euro nos últimos anos, para iniciar as obras desta importantísima infraestrutura.
* COMPROMISO: “Será un Goberno do Partido Popular quen non só inicie as primeiras obras do corredor, o ano que vén, senón tamén o primeiro que executará o orzamento comprometido” que para o ano 2010 supera os 5,8 millóns de euros
A Mariña lucense, 25 de novembro de 2009.- Despois de que o anterior Goberno autonómico, apoiado por PSOE e BNG, non executara as partidas orzamentarias comprometidas para a construción da Vía de Altas Prestacións entre Ferrol e San Ciprián e o Goberno de Zapatero contribuíra tamén a este esquecemento ao non ter investido, durante todos estes anos, nin un so euro no treito estatal do corredor (San Ciprián-Barreiros) o deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria na Cámara galega para coñecer as previsións do novo Goberno de Galicia, o liderado por Alberto Núñez Feijóo, en orde a axilizar a posta en servizo desta infraestrutura.
QUERE SABER SE A XUNTA ADXUDICARÁ MÁIS TRAMOS
Balseiro rexistrou unha pregunta, que será obxecto de resposta oral na Comisión de Obras Públicas da Cámara galega, para a súa tramitación polo procedemento de urxencia. A través dela, o deputado popular interpela á Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio para coñecer se teñen previsto adxudicar algún novo treito desta vía, no espazo de competencia autonómica, cal será e con que características. Tamén pregunta pola situación administrativa de todos os tramos, para así coñecer con exactitude o punto de partida, para identificar con rigor, luz e taquígrafos, a situación de precariedade e marxinación na que o bipartito matiña a tramitación administrativa de cada un dos tramos deste ambicioso proxecto.
COMPROMISO
“Despois de catro anos de total esquecemento da Mariña e de negar o investimento preciso para iniciar a construción do corredor, será un Goberno do Partido Popular quen non só inicie as primeiras obras desta vía, de inmediato, senón tamén o primeiro que executará, que gastará o orzamento comprometido” que para o ano 2010 supera os 5,8 millóns de euros. “Tamén tivo que ser un Goberno do Partido Popular, o primeiro que levou ao Diario Oficial de Galicia a primeira adxudicación do inicio das obras desta vía na nosa provincia, máis en concreto entre as localidades de Celeiro e San Ciprián. A publicación da devandita adxudicación tivo lugar o 26 do xuño deste ano, achegando para elo 32,3 millóns de euros”