Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PP ao PSOE que demostre os recortes sanitarios na Mariña

NOTA DE PRENSA
Os populares están convencidos de que Miguel Ángel Fernández veu á Mariña a repetir o argumentario oficial de seu partido pero cos datos na man tería que recoñecer que o presuposto do Hospital crece un 1% e que a consignación para obras neste centro duplícase con respecto ao 2009
O PP EMPRAZA AO RESPONSABLE DE SANIDADE DO PSdeG A DEMOSTRAR CON DATOS O RECORTE ORZAMENTARIO NA SAINIDADE MARIÑÁ

* No PP salientan a falta de idoneidade deste señor para dar leccións sobre sanidade tendo en conta que na pasada lexislatura como Xerente do Hospital de Lugo situou a este centro como o segundo con maior lista de espera de Galicia

A Mariña, 11 de novembro de 2009.- O Partido Popular da Mariña emprazou a Miguel Ángel Fernández, secretario de Sanidade do PSdeG a facer públicos os datos nos que basea o suposto recorte orzamentario que está a provocar un deterioro no sistema público de saúde na nosa comarca. A devandita petición ten por obxecto desacreditar as afirmacións que fixo este dirixente socialista que non teñen ningún tipo de fundamento e sustento nas contas deseñadas pola Xunta para o ano próximo

“Estamos cansos de escoitar acusacións baleiras de contido por parte dos socialistas en relación coa sanidade comarcal. Cos datos na man o certo é que o Hospital da Costa incrementa o seu orzamento, e que ademais a nova Xunta duplica a cantidade prevista para acometer obras neste centro”. Mentres que os presupostos da Xunta redúcense en preto do un por cento, o orzamento que manexará o Hospital da Costa para 2010 chega a 38,16 millóns de euros, isto é preto dun punto porcentual superior ca no ano 2009. Ademais a consignación para reformas, obras e outras actuacións no Hospital duplícase con respecto á prevista polo bipartito.

Os populares da Mariña creen que Miguel Ángel Fernández non é a persoa máis indicada para dar leccións en materia sanitaria, dado que na pasada lexislatura como Xerente do Hospital de Lugo foi o responsable de converter a este centro no segundo con maiores listas de espera de toda Galicia, iso a pesar de que partía dunha situación moi positiva. Quizais esta falta de idoneidade xustifica o feito de que ningún destacado dirixente do PSOE na comarca acompañase a este señor na súa reunión cos sindicatos sanitarios. En todo caso, despois de escoitar a este señor está claro que non coñece a realidade da Mariña, e que simplemente veu a repetir o argumentario oficial do partido, sen ningún dato que o corroborara.

Exit mobile version