BURELA (FNC) .- A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, asegura que o PP non quere que Burela funciones si eles non están no goberno e suliña que a empresa coa que traballa o bipartito para facer os cursos de tempo libre das mulleres xa o facía cando o PP estaba á fronte da alcaldía.
A edil nacionalista sinala que “de novo volveu a aterrizar o paracaidista do PP en Burela, de novo o portavoz do PP se deixou caer polo Concello e sen enterarse de nada picando aquí e alá sae á luz cunhas declaracións que demostran unha vez máis a súa total ignorancia sobre os asuntos municipais. E demostran tamén que tampouco se enteraba de nada cando era alcalde, porque algunhas das cousas que agora critica xa as practicaba él, como é o caso da empresa que nos factura os cursos de tempo libre das mulleres. Unha empresa que xa estaba contratada polo PP no anterior mandato e coa que nós seguimos traballando a gusto. Por certo, é moi raro que o Sr.González Barcia, cando era alcalde, non se dera conta de que él asinaba facturas desta empresa, tal e como se fai agora”.
Neves Cando considera que “xa é hora de dicirlles aos veciños e veciñas de Burela catro cousas sobre o PP e o seu comportamento municipal. O PP non quere que as mulleres de Burela teñan cursos de tempo libre, parécelle mal que se gasten os cartos niso. E eu pregúntome si as mulleres de Burela están de acordo con este señor que despreza o traballo que nestes cursos se desenvolve. O PP non quere que teñamos cultura en Burela, que máis de 400 nenos e nenas poidan disfrutar como o fixeron o sábado pasado cunha obra de teatro infantil. O PP non quere que os nosos clubes deportivos de fútbol, baloncesto, natación, fútbol sala… teñan convenios co Concello para desenvolver as súas actividades. En definitiva o PP non quere que en Burela se apoie ás mulleres, ás familias e ao deporte porque non quere que Burela funcione si eles non están no poder, que ao fin e ao cabo é o único que lles interesa”.
A concelleira de Benestar Social manifesta “que o portavoz popular segue insistindo no despilfarro, agora déulle polos cursos de mulleres. Quero dicirlle ao portavoz do PP polo que se refire ás mulleres de Burela, que as que participan nos cursos de preparación ao parto que ofrecemos no Concello fano porque a Xunta de Galicia do Sr.Feijoo non dota dunha matrona ao noso centro de saúde. Nunca é un despilfarro invertir nas mulleres e moito menos nas que acoden aos cursos de manualidades, bolillos, bordado e bailes de salón. Despilfarro é o que está a facer a Xunta en campañas de autoimaxe e de autoxustificación do seu presidente para despois deixar recortados os orzamentos en servizos sociais que afectan a todos os cidadáns galegos. Exemplos destes temos moitos e o último é que a Xunta de Galicia vai deixar de apoiar os servizos de fisioterapia e podoloxía dos nosos dependentes. E despilfarro é tamén pagarlle casi 60.000 euros ao ano a este representante do PP de Burela polo seu traballo na Deputación e por aterrizar unha vez ao mes por Burela para menosprezar o traballo do equipo de goberno e menosprezar aos veciños e veciñas de Burela que sí participan da vida municipal, non coma él que non ten tempo nin para enterarse do que aquí se fai”.