NOTA DE PRENSA
A Secretaría Xeral para o Deporte, que dirixe Jose Ramón Lete, outorga unha sudvención con este fin aos concellos de Lourenzá, Ourol, A Pontenova, Xove, Burela e Foz
A XUNTA CONCEDE 9.150 EUROS A SEIS CONCELLOS DA MARIÑA PARA COLABORAR NO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS
* O Goberno de Galicia aposta polo fomento do deporte para crecer en calidade de vida e saúde, de xeito especial, nos pequenos e medianos concellos onde a programación destas actividades se precisa dun especial apoio.
A Mariña, 04 de outubro de 2009.- Os parlamentarios mariñáns Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao explicaron que a Secretaría Xeral para o Deporte concedeu un total de 9.150,07 euros a favor de seis concellos da Mariña co obxecto de colaborar no desenvolvemento das actividades deportivas que se poidan realizar nestes municipios durante o presente ano ano. O departamento que dirixe Jose Ramón Lete, outorga estas subvencións con cargo as axudas que o Goberno galego destina con esta finalidade para concellos de menos de 10.000 habitantes.
PUBLICACIÓN NO DOGA
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de concellos beneficiados por estas axudas –previa solicitude das mesmas- así como o importe total das mesmas que se establece un funcións de varios criterios: poboación, actividade, número de potencias beneficiarios. Segundo indica o DOGA Burela será o concello que recibirá unha achega maior, con 2.407,98 euros de subvención, seguido da Pontenova (con 1.667,06 euros) e de Xove e Lourenzá (con 1.481,83 euros ambos os dous). Finalmente Foz recibirá 1.111,37 euros e Ourol un total de 1.000 euros.
Os parlamentarios quixeron lembrar o compromiso do Partido Popular e do novo Goberno de Galicia para co fomento das actividades deportivas que, segundo explicou, permiten crecer en calidade de vida e en saúde. Ademais salientou que o Executivo galego do Partido Popular ampliará no vindeiro exercicio as axudas aos pequenos concellos para estas e outras finalidades, xa que a programación deportiva nestes municipios de menor poboación precisan dun especial apoio.