NOTA DE PRENSA
O GMPP pide a creación da autoridade portuaria da provincia de Lugo.
Afirman que produciría un aumento dos investimentos na comarca.
Os populares consideran que o goberno de Zapatero non fixonada ó respecto.
O GMPP de Burela vén de presentar unha moción para solicitar do Goberno de Zapatero a creación da Autoridade Portuaria da provincia de Lugo, por entender que a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao non cubre as expectativas de compromiso e de investimento na comarca mariñana. Ademais, Lugo é a única provincia marítima que non conta con autoridade portuaria propia, a pesares de contar cun porto de competencia estatal, como é o de Alcoa.
Para os populares, a creación da Autoridade Portuaria da provincia de Lugo suporía unha fonte de investimento importante na comarca mariñana, investimento que afectaría positivamente a Burela. Os populares lembran que xa en 2003 había acordo unánime dos distintos grupos políticos a efectos da creación desta Autoridade Porturaria, pero que desde o Goberno de Zapatero nada se fixo ó respecto.