NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o concello adeuda 17 millóns de pesetas a SOGAMA.
Tamén se lle adeudan 63 millóns de pesetas, 380.000€, a CELTAPRIX.
Os populares cren que estes datos revelan a caótica xestión económica do Concello.
Os populares entenden que este retraso é demasiado prolongado, e pode traernos problemas á hora de que Burela poida trasladar a basura á planta de transferencia de Barreiros e de aí a Cerceda, porque se seguimos sen pagar, pode ocurrir que non nos acepten a basura.
Os responsables do GMPP burelés comprenden que haxa algún retraso no pago, porque efectivamente o mesmo non é inmediato. O que resulta grave é que este retraso sexa tan prolongado, porque a fin de contas os cidadáns pagamos o recibo da auga e da recollida do lixo puntualmente; nos presupostos de cada ano xa se contempla o que lle hai que pagar a SOGAMA. Os cidadáns pagamos o recibo, os cartos pasan polo concello e chegan a SOGAMA, pero o que tiña que ser, non é, porque a empresa non cobra. Polo tanto, sería bon que o alcalde explique que lle fai ós cartos, onde os inviste, e porqué non recoñece e ordena o pago desas facturas.
Outro tanto acontece con CELTAPRIX. Segundo datos recollidos nas dependencias municipais, o Concello de Burela adeuda á empresa concesionaria da recollida de lixo un total de sesenta e tres millóns de pesetas, correspondentes a oito meses do presente ano. E aquí, segundo os populares, se dá a mesma circunstancia ca con SOGAMA, os cidadáns pagamos o recibo puntualmente, os cartos paran no concello, pero non chegan á empresa, cando se sabe de sobra cando se fan os presupostos canto hai que pagar a CELTAPRIX. Nós o que queremos é saber que se fai cos cartos de todos os veciños, porque as facturas están sen pagar, e algún motivo debe haber.
O que si é certo é que esto demostra que a situación económica do concello non é boa, senón delicada. E cremos que está así fundamentalmente pola desastrosa xestión política que se está a levar a cabo, onde prima o derroche e o despilfarro sobre calquera outra cuestión. A seriedade e o rigor non entran na práctica política do alcalde nin do bigoberno burelés.
Entendemos que estes datos teñen que ser coñecidos polos cidadáns do noso concello, porque se está a xogar cos cartos de todos, e ademais alegremente. Sabemos que estamos nunha situación de crise económica aguda, e por esa razón o alcalde debería ser riguroso cos cartos que pagamos todos os cidadáns. Rigor e seriedade que non se lle pode supoñer a un alcalde que dixo que a subida do IVA non se notaría. O Concello de Burela está collendo fama de mal pagador, cando co PP no goberno municipal esta tendencia se tiña invertido claramente. PSOE e BNG, en dous anos e medio tan solo, están demostrando que poden arruinar a calquera e que son os reis do despilfarro e do derroche, eso sí, xogando cos cartos de todos.
E mentres tanto, as asociacións culturais non teñen subvencións, os convenios cos clubes deportivos non se renovan, e ainda están sen facer os decretos de convocatoria das axudas dos corenta euros e o correspondente expediente de modificación de créditos.