Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica que comisións informativas na Deputación foran presididas pola deputada de maior idade

Nota de Prensa

O GPPP critica que as comisións informativas celebradas onte foran presididas por Polín pola inasistencia de Besteiro e os tres vicepresidentes

* Os populares chaman a atención sobre o feito de que a orde do día do pleno da Deputación do próximo martes só leva dous asuntos de xestión do bigoberno e que os dous son de trámite

Lugo, a 20 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular criticou que as comisións informativas previas ó pleno da Deputación do vindeiro martes celebradas onte tiveran que ser presididas por Regina Polín, por ser a deputada de maior idade, porque nin o Presidente nin ningún dos tres vicepresidentes, Antón Bao, Lara Méndez e María José Vega, asistiron a estas reunións.

Tanto é así que, segundo o voceiro adxunto dos populares José María González Barcia, “viviuse unha situación de certa confusión porque a impresión que se deu foi que descoñecíase si ía vir Gómez Besteiro ou algún dos vicepresidentes: non se sabía nada. O que demostra que o traballo e a coordinación non é unha virtude do equipo de goberno”.

Para os populares este feito é “moi grave” porque, segundo salientan, “o Presidente cobra 70.000 euros e os vicepresidentes máis de 60.000 e fano a conta de todos os veciñios desta provincia pero non cumpren as mínimas tarefas inherentes os seus cargos”.

Os populares aseguran que “outra vez” se fai “ostentanción da vagancia” que impera no bigoberno que, a maiores destes feito “insólito”, vese refrendada “unha vez máis” pola “exígua” orde do día do vindeiro pleno provincial: só dous puntos se inclúen nela relacionados coa xestion do bigoberno e os dous, “para colmo”, son de trámite. Trátase da prorroga do prazo de execución para as axudas a comunidades veciñais, “que xa deberían estar executadas hai dous meses”, e a aplicación de remanentes do POS.

“Fora de eso, e ademais das dúas mocions do PP, nada de nada. Exemplo palpable, por tanto, da incapacidade, a irresponsabilidade e a vagancia na que xa está instalada a Presidencia da Deputación Provincial de Lugo e o seu equipo”, sentencia González Barcia.

Exit mobile version