Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera que o Inludes atrasa en exceso e sen xustificación o pago de subvencións

Nota de Prensa

O GPPP considera que o Inludes retrasa en exceso e sen xustificación o pago de subvencións

* Os populares afirman que o 25 por cento dos solicitantes renuncian ás axudas  pola demora no pago e polo elevado custo da tramitación

Lugo, a 5 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe que o Inludes está a demorar en exceso a tramitación das xustificacións das subvencións que convoca para axudas ó tecido empresarial, e retrasa aínda máis o abono das mesmas.

Para argumentar esta crítica, os populares remítense ó informe do que deu conta responsable do Inludes, Lara Méndez, no último pleno, a raíz dunha pregunta que formularon na sesión do pasado mes de setembro.

Así, para o GPPP resulta “moi sospeitoso” que “a día de hoxe” das 568 peticións tramitadas para acceder a unha subvención para autónomos e pequenas e medianas empresas correspondentes ó ano 2008 e para o que había consignada unha partida de 624.898’92€, únicamente 423 presentan a xustificación pertinente.

Despréndese deste dato que as 145 peticións restantes optaron por non tramitar a xustificación porque, en moitas ocasións, as axudas son moi reducidas (mil euros ou menos) e prácticamente só chegan para cubrir os gastos derivados da tramitación da propia subvención. Unha tramitación que, segundo salientan dende o GPPP, tamén resulta bastante engorrosa.

Para os populares, os propios datos que baralla o Inludes deberían facer recapacitar os seus responsables e levalos a analizar as razóns polas que o 25 por cento dos beneficiarios renuncian a presentar a xustificación pertinente.

Chaman tamén a atención sobre o feito de que o abono das propias subvencións nominativas que concede o Inludes tardan en abonarse un ano, o que, segundo consideran, “lóxicamente desmoraliza a calquera”.

Os populares pregúntase se “este ritmo lento que impera no Inludes” é unha consecuencia de que os encargados de atender estas cuestións son ex cargos da Xunta bipartita contratados como asesores que “con excesiva frecuencia auséntanse do seu posto de traballo para atender labouras alleas ó seu cometido laboral, esquecéndose de que o soldo que cobran corre a conta de todos os cidadáns desta provincia e non de un determinado partido político”.

Exit mobile version