Site icon Crónica3.com A Mariña

O polígono de Camba en Xove conta con banda ancha sen fíos para o acceso a internet

XOVE .- Segundo anuncia o Concello de Xove, dende o 10 de novembro o polígono industrial de Camba conta con banda ancha sen fíos. Este servizo de acceso a rede internet e froito do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Xove e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

NOTA DE PRENSA

A BANDA LARGA SEN FIOS XA ESTÁ OPERATIVA NO POLÍGONO DE XOVE

Dende mañá martes, 10 de novembro, o Polígono Industrial de Camba en Xove, conta con BANDA LARGA operativa.
O Concello de Xove subscribiu hai uns meses un convenio de colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia para dotar do servizo de acceso á INTERNET DE BANDA LARGA SEN FIOS ao Parque Empresarial de Xove.
Co fin de levar a cabo dita instalación dende o Concello púsose a disposición da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia un espazo de  7×5 metros (35 metros cadrados) no Parque Empresarial de Xove.  Unha vez preparado o terreno, a citada Fundación  levou a cabo en Dito espazo a instalación da infraestrutura precisa para dotar ao Parque Empresarial de Xove do servizo de telecomunicacións de banda larga sen fios.
No Concello de Xove acábase de recibir unha comunicación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica informando que dende o dia 10 de novembro a infraestrutura instalada pasa a estar operativa. A partires desa data os empresarios poderán contratar o servizo de telecomunicacións de banda larga coa empresa adxudicataria “R Cable y Telecomunicaciones de Galicia S.A.”. Neste sentido, a propia empresa adxudicataria será a responsable, segundo o acordado no contrato, da promoción dos servizos entre os empresarios, a fin de que estes coñezan o servizo.

Exit mobile version