Site icon Crónica3.com A Mariña

O parque de San Francisco acollerá un obradoiro de conciencia ecolóxica o 21 de novembro

RIBADEO (FNC) .- . O Concello de Ribadeo organiza un obradoiro de conciencia ecolóxica denominado Plántate con nós que se desenvolverá o 21 de novembro no parque de San Francisco de 11 a 13 horas e que terá como destinatarios os nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.

O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, sinala que “se fai con criterios participativos e ecolóxicos para divulgar aspectos ambientais desde unha perspectiva lúdica. Os rapaces que participen aprenderán a contribuír ao desenvolvemento sostible, algo que está tan de actualidade, a partires da reutilización de obxectos antes de que se convertan en residuos. Van disfrutar dunha actividade de arborización ou plantación de maceta”.

O concelleiro nacionalista engade que “este obradoiro terá por escenario unha carpa que estará situada no parque de San Francisco o vindeiro 21 de novembro desde as 11 ás 13 horas. Os nenos de 3 a 10 anos que queiran acudir sería bo que fosen acompañados dalgún envase de iogur baleiro ou similar e cun vestiario axeitado para non mancharse porque van andar con terra”.

Este obradoiro de cociencia ecolóxica está organizado polo núcleo de sostibilidade do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version