A MARIÑA .- A asociación feminista insta a todas as persoas a que voten pola túa obra de teatro antes do vindeiro martes desde a web www.salaescena.e . O concurso “SAL A ESCENA”, organizado polo Ministerio de Igualdad do goberno estatal, ten o obxectivo de destacar iniciativas de curtametraxes, monólogos, teatro ou música que se posicionen en contra de todo tipo de discriminación, a nivel de todo o territorio español.
Dentro deste concurso, o Observatorio participa dentro da sección de TEATRO, coa obra TIRANDO DO FÍO DA VERGOÑA coa que queremos denunciar a lacra da violencia de xénero.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade invita a toda a cidadanía a que visite a páxina www.salaescena.es e se dirixa:
> ao apartado “VOTA”
> e logo ao apartado “TEATRO”
Desde alí poderán votar pola obra de teatro do Observatorio “TIRANDO DO FÍO DA VERGOÑA / TIRANDO DEL HILO DE LA VERGÜENZA”. O prazo para votar remata o vindeiro martes. E o proceso é moi simple: só hai que introducir un e-mail válido, e logo confirmar desde ese correo electrónico o voto para que o voto compute.
Agradecemos máxima difusión e tamén a colaboración cidadá para que o Observatorio teña presenza en España!
Para máis información, poden CONTACTAR con
OLGA CASTRO 630335954
PD. Para facilitar o voto do persoal do seu medio de comunicación, se así o quixer, poñemos tamén á súa disposición a ligazón: http://tinyurl.com/ykgwhmw