BURELA .- O IES Perdouro de Burela conmemorou o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Ao longo de todo o mes de outubro, profesores e alumnos achegáronse á biblioteca, leron un libro e deixaron a súa opinión sobre el por escrito. Estas recomendacións de lectura serviron para fomentar o interese da lectura en toda a comunidade educativa.
Nota de Prensa
Un ano máis, na Biblioteca do IES Perdouro, o alumnado e profesorado celebramos o Día das Bibliotecas cunha serie de actos que se levaron a cabo durante a última semana de outubro.
Unha das actividades consistiu na exposición de libros seleccionados por cada curso da ESO e de Bacharelato para toda a comunidade escolar. Os libros levaban unha recomendación feita polos propios lectores co fin de enganchar á lectura. O profesorado tamén participou coa súa mesa expositora. En total xuntamos cinco que foron visitadas ao longo de toda a semana.
A outra actividade, moito máis lúdica, levárona a cabo un grupo de alumnos e alumnas da ESO. “Disfrazados de libros andantes”, tomaron as aulas por sorpresa e fixeron representacións para os seus compañeiros nas que escenificaban a fuxida dos libros da Biblioteca: só así poderían contar a súas historias e invitalos a vivir con eles grandes aventuras a través da lectura.