Site icon Crónica3.com A Mariña

O Instituto Galego da Vivenda sortea 30 pisos en O Valadouro e entrega tres en Barreiros

A MARIÑA .- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) sortea o luns 30 vivendas de promoción pública situadas na avenida de Viveiro, no concello do Valadouro. Na mesma xornada entregará tres vivendas de protección oficial situadas en Barrio Merille, no concello de Barreiros.

Nota de Prensa

O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA SORTEA 30 PISOS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO VALADOURO E ENTREGA OUTROS 3 EN BARREIROS

?    O custo das vivendas que forman das dúas iniciativas do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas oscila entre os 49.600 e os 71.500 euros

Lugo, 21 de novembro de 2009.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) procederá O luns á realización do sorteo de 30 vivendas de promoción pública situadas na Avenida de Viveiro, no concello do Valadouro. O acto terá lugar na Casa da Cultura da citada localidade da comarca da Mariña.

O custo medio dos pisos ascende a 71.471, 9 euros. A maioría están dotados con 4 dormitorios e dispoñen dunha superficie útil de en torno a 90 metros cadrados, sen embargo hai seis vivendas nas que se construiron tres cuartos nunha superficie útil de 83 metros cadrados. Todas teñen asociado un trasteiro e unha praza de aparcamento nos garaxes.

A construción do inmoble supuxo un investimento de 2.144.157 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. As obras están totalmente rematadas e serán recibidas nos vindeiros días pola Xunta, de xeito que se poida proceder en breve á formalización das escrituras e a entrega das viviendas. Dáse a circunstancia de que optan á compra destes pisos un total de 32 solicitantes, tras seleccionar de entre todas as peticións aquelas que reunían os requisitos esixidos.

Na mesma xornada do luns, representantes do IGVS farán entrega doutras tres vivendas de protección oficial situadas en Barrio Merille, no concello de Barreiros. Neste caso trátase de pisos con tres dormitorios e cun custo que oscila entre os 49.600 e os 57.300 euros.

Este acto terá como escenario unha notaría de Ribadeo. Tanto nesta cita como no sorteo celebrado na Casa da Cultura do Valadouro estará presente persoal da xefatura territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo.

Exit mobile version