Site icon Crónica3.com A Mariña

O IGVS inclúe nos orzamentos do 2010 unha partida para a redacción dos parques empresariais de Alfoz e O Valadouro

SANTIAGO .- O Instituto Galego da Vivenda e Solo inclúe nos orzamentos do 2010 unha partida para a redacción dun Plan Especial de Ordenación e a realización dos traballos técnicos necesarios para o desenvolvemento dos parques empresariais de Alfoz e O Valadouro (Lugo), que se executarán en función da demanda real de solo empresarial existente en cada un dos concellos. Os ámbitos de ambos parques atópanse contiguos, so separados pola estrada Ferreira-Foz.

Nota de Prensa

IGVS e Xestur realizarán en 2010 os traballos de planeamento necesarios para o desenvolvemento do parque empresarial de Alfoz-Valadouro

*
Os traballos dirixidos á construción de ambos parques foron iniciados en 2004, pero en 2005 a Consellería de Vivenda decidiu desfacer todo o feito e iniciar un procedemento que non garantía o solo empresarial en Alfoz, xa que unicamente encargou o plan de sectorización dunha fase do parque de O Valadouro
*
Os ámbitos dos dous parques están contiguos, so separados por unha estrada.

Santiago, 26 de novembro de 2009.- Os orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo e de Xestur Lugo para 2010 inclúen unha partida orzamentaria para a redacción dun Plan Especial de Ordenación e a realización dos traballos técnicos necesarios para o desenvolvemento dos parques empresariais de Alfoz e O Valadouro (Lugo), que se executarán en función da demanda real de solo empresarial existente en cada un dos concellos. Os ámbitos de ambos parques atópanse contiguos, so separados pola estrada Ferreira-Foz.

Xunto co Plan Especial de Ordenación realizaranse os traballos técnicos complementarios, como son os estudos xeotécnicos, arqueolóxico, parcelario e topográfico.

Os trámites para a construción dos parques empresariais de Alfoz e O Valadouro comezaron en 2004, cando se realizou un estudo de viabilidade técnico, complementado a comezos de 2005 por outro económico e refundidos ambos nun so estudo en febreiro de 2005.

Posteriormente a Consellería de Vivenda o que fixo foi desbotar os estudos de viabilidade recibidos do goberno anterior e encargar un novo estudo de viabilidade que en agosto de 2006 determinou que o solo empresarial de Alfoz e O Valadouro se desenvolvería en tres fases, dúas delas no Valadouro e unha en Alfoz. Este estudo indicaba que en primeiro lugar se desenvolvería unha das fases emprazadas no concello de O Valadouro, entre o cemiterio e a estrada que vai cara Cangas. A segunda fase, correspondente ao concello de Alfoz, so se iniciaría cando estivera vendido polo menos o 80 por cento do solo da primeira fase.

Con tal fin, o bipartito encargou a redacción dun plan de sectorización que inclúe unicamente a primeira fase do parque empresarial, emprazada no concello do Valadouro, sen previsión ningunha de como se acometería no seu momento a segunda fase, ao carecer de planeamento o concello de Alfoz.

Coa solución adoptada agora polo IGVS, ambos parques empresariais desenvolveranse de maneira independente e en función da demanda real en cada un dos concellos

Exit mobile version