Site icon Crónica3.com A Mariña

O deputado do PP no Congreso Joaquín García Díez anuncia que se retira da política municipal

Nota de Prensa

O voceiro do PP de Lugo confirma que non se presentará como candidato en 2011

Joaquín García Díez anuncia que “chegou o momento” de retirarse da política municipal

* Asegurou que “non me despido de ninguén. Retírome da vida municipal pero seguirei traballando por un Lugo mellor como deputado no Congreso”

Lugo, a 20 de novembro de 2009.- Joaquín García Díez, anunciou esta mañá, en rolda de prensa, que non se presentará como cabeza  de lista nas próximas eleccións municipais nunha comparecencia na que estivo acompañado polo Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro.

O voceiro dos populares en Lugo explicou que a decisión de “pechar a etapa da vida municipal” foi “difícil” pero que, segundo desvelou, “teño tomada dende hai xa bastante tempo”.

Unha vez que abandone o seu posto de voceiro do Grupo municipal popular  no Concello de Lugo dedicarase, segundo asegurou, “a tempo completo” ó seu traballo como deputado nacional no Congreso aínda “estando a disposición dos lucenses traballando por conseguir un Lugo mellor”.

AGRADECEMENTOS.-

García Díez explicou que comunicou nas últimas horas ós compañeiros de grupo a súa decisión, ós que durante a comparecencia  dedicoulles varias  palabras de afecto agradecéndolles “a súa amistade e apoio, así como as aportacións realizadas non só a nivel político senón tamén dende o punto de vista persoal” e animounos a seguir esforzándose, manifestando o seu “compromiso persoal” en colaborar en canto estea na súa man.

Non esquenceu tampouco recoñecer a confianza depositada nel por parte do Presidente Provincial así como a “impagable” colaboración de afiliados, simpatizantes e veciños de Lugo, sen olvidarse dos medios de comunicación.

MÁIS DE DEZ ANOS EN POLÍTICA.-

Joaquín García Díez foi tenente de alcalde con Tomás Notario (1991-1995), alcalde no periodo comprendido entre os anos 1995 e o 1999,  e dende 2007 voceiro do grupo maioritario da oposición.

O Presidente provincial José Manuel Barreiro, pola súa banda, suliñou que “a de hoxe non é unha despedida porque Joaquín seguirá vinculado ó Partido Popular en Lugo e, como fixo sempre, continuará a defender os intereses desta provincia no Congreso”. Dixo “comprender” as razóns que o levaron a tomar esta decisión e que, segundo recoñeceu, “trasladoume xa hai algún tempo”.

Barreiro fixo tamén referencia “a gran laboura” que realizou como alcalde “que está aí para ver e comparar” e como voceiro do grupo municipal. “Un traballo constructivo e sempre encamiñado a otorgar as maior cota de benestar posible para todos os veciños deste municipio”, engadiu.

Exit mobile version