Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de Comercio de Burela convoca o sector para preparar a campaña do Nadal

BURELA (FNC) .- A Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burla está a traballar na preparación da próxima campaña de Nadal.

O concelleiro José González Legazpi sinala que “seguiremos no ámbito das directrices das pasadas edicións que tiveron unha importante relevancia e participación, e dentro da mesma e única pretensión de favorecer as compras no comercio local, e por tanto incentivar as posibilidades de venda dos sectores locais”.

A campaña de Nadal de Burela “atopase proxectada, en principio, dentro dos criterios que posibiliten a incidencia do comercio local no ámbito da comarca e mesmo fora dela, de cara a incrementar condicións de fortaleza económica, así como ao logro da súa dinamización a través de condicións que valoricen accións expositivas propias e de asentamento, e que en pasadas edicións foron relevantes conforme aos criterios expansivos derivados do concurso fotográfico, e mesmo da participación propia da campaña, xunto co desdobramento do incentivo ás compras”, engade o edil nacionalista.

González Legazpi explica que “no senso de presentarlles como en pasadas edicións as accións que se propoñen, planificar conxuntamente esta campaña de Nadal, e ao mesmo tempo coñecer das pretensións e consideracións do comercio local sobre este e outros asuntos de interese para o desenvolvemento local, nestes días se están enviando por correo comunicacións aos comercios de Burela pola que se convocan a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes día 17 deste mes de novembro as 21:00 horas no salón de plenos do Concello, agardando por tanto contar con a maior presenza de comerciantes”.

Exit mobile version