CERVO .- Os campionatos de tute e parchis e os obradoiros de memoria que estaba previsto desenvolver o presente mes de novembro nos distintos núcleos de poboación do municipio vanse a celebrar finalmente en xaneiro, á volta das datas de Nadal, según indicou a concelleira de Asuntos Sociais, Pilar Armada.
Nota de Prensa
OS CAMPIONATOS DE TUTE E PARCHIS E OS OBRADOIROS DE MEMORIA APRÁZANSE ATA XANEIRO
Cervo, 27 de novembro de 2009.- A concelleira de Asuntos Sociais, Pilar Armada, anunciou hoxe que os campionatos de tute e parchis e os obradoiros de memoria que estaba previsto desenvolver o presente mes de novembro nos distintos núcleos de poboación do municipio vanse a celebrar finalmente en xaneiro, á volta das datas de Nadal.
Segundo indicou Armada, o motivo fundamental de pospoñer estas actividades, foi a dificultade para coordinar e compaxinar os horarios e calendarios dos campionatos e obradoiros coas actividades programadas para as datas de Nadal “e por iso decidimos esperar á volta das festas e poder así ter máis marxe para levar adiante estas actividades” indicou.
Deste xeito, os interesados e interesadas en participar nos campionatos de Tute, parchis e nos talleres de memoria terán de prazo para inscribirse dende o día 1 ata o 30 de decembro na Casa da Cultura de San Ciprián e polas tardes (de 16.30 a 19.30 h.) no centro social de Cervo (antigo Concello).
Nos campionatos de tute e parchis poderán participar homes e mulleres de tódalas idades e desenvolverase mediante o sistema de liguiña que se desenvolverán en Cervo, San Ciprián e nos distintos locais sociais da zona rural. As parellas interesadas en participar nestes campionatos poderán consultar as bases na Casa da Cultura e no momento da inscribirse recibirán unha copia das mesmas.
OBRADOIRO DE MEMORIA
As organizadoras salientaron a celebración por segundo ano consecutivo dos “Obradoiros da Memoria” que se impartirán nas aldeas do municipio ao igual que se fixera na pasada edición.
Nestes obradoiros de memoria poden participar veciños maiores de 50 anos que desexen reforzar a súa capacidade de retención de ideas, recordos e imaxes. Neles perséguese ademais fortalecer as áreas de lingua e aritmética mediante a exercitación da lectura e a realización de operacións matemáticas, tarefas que serven a modo de ximnasia para o cerebro.
Ao igual que os campionatos, os interesados en participar nos “Obradoiros da Memoria” poden ampliar información e formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura de San Ciprián.
Estas actividades enmárcanse dentro do programa “Ao teu carón” posto en marcha polo Concello de Cervo co obxecto de dinamizar a actividade lúdica e social nas distintas parroquias do termo municipal.