Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo distribuirá 2.500 bolsas biodegradables e reutilizables entre os veciños

CERVO .- O Concello de Cervo distribuirá un total de 2.500  bolsas biodegradables e reutilizables entre os veciños segundo inicou a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada. O obxectivo desta iniciativa é reducir o uso das bolsas de plástico ou de outro material desechable xerador de residuos e impulsar o uso de medios “máis sostibles” que minimicen “na medida do posible o impacto da actividade humana no medio ambiente”.

Nota de Prensa

O CONCELLO REPARTIRÁ  BOLSAS REUTILIZABLES ENTRE OS VECIÑOS DE CERVO

Cervo, 24 de novembro de 2009.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, anunciou hoxe que o Concello distribuirá un total de 2.500  bolsas biodegradables e reutilizables entre os veciños dos distintos núcleos de poboación do termo municipal.

Segundo indicou a responsable da área medioambiental de Cervo, o obxectivo desta iniciativa é reducir o uso das bolsas de plástico ou de outro material desechable xerador de residuos e impulsar o uso de medios “máis sostibles” que minimicen “na medida do posible o impacto da actividade humana no medio ambiente”.

Pilar Armada lembrou que as bolsas de plástico convencionais -de usar e tirar- son algo común na vida diaria e que cada persoa recibe ao ano unha media de 238 destes aparellos, ademais doutros envases de plástico e advertiu que na fabricación de cada bolsa emítense uns catro gramos de CO2, o principal gas de efecto invernadoiro e responsable do cambio climático.

Este tipo de bolsas tarda ao redor de cen anos en descompoñerse e tan só  o 10% acaba nos contedores amarelos para a súa reciclaxe. O resto termina nos vertedoiros, nas incineradoras de residuos ou, no peor dos casos, no mar. Alí convértense en trampa e pasto para a fauna mariña, aves e tartarugas. Tamén cabe salientar que o 20% do lixo recollido nas praias son bolsas de plástico

“É por isto que desde Medio Ambiente do Concello de Cervo queremos concienciar á xente de que co uso destas bolsas reutilizables, carriños de compra e similares, cada persoa pode aforrar ao longo da súa vida máis de 18.000 bolsas nocivas para o medio ambiente”

As bolsas ecolóxicas empezaranse a repartir a partir do vindeiro 21 de decembro por tódolos domicilios do municipio xunto co almanaque 2010 que cada ano edita o Concello. Esta iniciativa conta coa axuda da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Exit mobile version