Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo dispón dun novo local destinado á mocidade no edificio da Casa do Mar de San Cibrao

CERVO .- O Concello de Cervo dispón dun novo local no edificio da Casa do Mar de San Ciprián destinado aos mozos do municipio. As novas instalacións están situadas na planta baixa, no lugar que ocupaba a antiga biblioteca municipal, e estarán dotadas de mobiliario, xogos de mesa e recreativos.
Nota de Prensa

CERVO ABRE HOXE UN LOCAL DESTINADO Á MOCIDADE

Cervo, 20 de novembro de 2009.- O Concello de Cervo abrirá hoxe, a partires das cinco da tarde, un local no edificio da Casa do Mar de San Ciprián destinado aos mozos do municipio.

As novas instalacións están situadas na planta baixa da Casa do Mar, no lugar que ocupaba a antiga biblioteca municipal, e estarán dotadas de diverso mobiliario; así coma xogos de mesa e recreativos coma un futbolín, una mesa de billar e outra de ping-pong.

A responsable da área de Asuntos Sociais sinalou que as concellerías de Educación, Asuntos Sociais e Cultura e Xuventude de Cervo están a traballar conxuntamente para ampliar a oferta lúdico-formativa desta nova infraestrutura municipal.

Neste senso lembrou que a consecución deste novo espacio xuvenil levaba sendo unha prioridade para o equipo de Goberno dende hai máis dun ano, cando mantiveron unha xuntanza con rapaces do municipio e na que lles solicitaron a adecuación dun local na Casa do Mar para poder reunirse e organizar actividades.

Armada recordou tamén que o Concello dirixírase por escrito á Consellería da Vicepresidencia da Xunta solicitándolle a cesión destes locais, “pero sempre nos atopamos coas reticencias da que era daquela delegada provincial, que nos esixía como condición para a ceder os locais que o Concello se adherira ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Sen embargo, os actuais responsables da Consellería de Presidencia non puxeron ningún tipo de condicionante para levar adiante esta cesión ” asegurou.

ESPAZOS PARA A XUVENTUDE

O Goberno municipal está a desenvolver un gran esforzo na habilitación de espazos especialmente destinados para os mozos e mozas do municipio. Neste senso cabe lembrar que cedeu o local coñecido como o Caseto do Veterinario (no núcleo de Cervo), promoveu a través do programa “ao teu carón” a apertura dos centros sociais nas parroquias do rural con acceso gratuíto á rede internet, e habilitou un espazo para o ensaio de grupos musicais nas instalacións do club de Rio Cobo, tras a demanda efectuada por un grupo de rapaces. “Agora chegou o turno de completar estas instalacións en San Ciprián, as cales sumaranse as da Casa de la Cultura, que ten un un destino fundamentalmente educativo” lembrou a responsable de Asuntos Sociais cervense

Exit mobile version