CERVO .- Comunica o Concello de Cervo que están a levar adiante as obras de acondicionamento da rúa das Areas e Rosalía de Castro, en San Cibrao. Os traballos consisten na renovación do pavimento, así como das canalizacións de auga, saneamento e liñas de alumeado público, así como a colocación dun novo alumeado público na rúa Rosalía de Castro.
Nota de Prensa
O CONCELLO ACONDICIONA AS CALLES DAS AREAS E ROSALÍA DE CASTRO EN SAN CIPRIÁN
Cervo, 27 de novembro de 2009.- O Concello de Cervo está a levar adiante as obras de acondicionamento da Rúa das Areas e Rosalía de Castro. Os traballos consisten na renovación do pavimento, así como das canalizacións de auga, saneamento e liñas de alumeado público, así como a colocación dun novo alumeado público na rúa Rosalía de Castro.
Para levar adiante estas obras tívose que acometer en primeiro término a demolición do pavimento vello e a continuación executáronse as instalacións das novas tubaxes de saneamento de augas fecais e pluviais, neste caso co fin tamén de buscarlle unha saída aos problemas que xurden en San Ciprián nos días de moita choiva, as de abastecemento de auga, alumeado público e as das rede de telefonía. A maiores, contractou con Gas Galicia para que aproveitando a realización destas obras procederán á instalación na rúa das Areas da rede de Gas. Así mesmo está previsto que se coloquen rígolas de formigón para a recollida e encauce das augas pluviais, para a continuación proceder ao asfaltado do vial, adoquinado das beirarrúas e a execución das cimentacións das farolas e colocación das mesmas.
Coa instalación do novo alumeado público da rúa Rosalía de Castro, cubrirase unha pequena zona de sonbra que ata o de agora existía entre a zona de A Veiga e a zona más antiga de San Ciprián.
Segundo indicou o alcalde, Alfonso Villares, a remodelación desta céntrica zona da vila de San Ciprián contribuirá ao embelecemento da localidade “ao tempo que mellorarase nas infraestruturas básicas que posuían os veciños onde se están a desenvolver estas obras” salientou o alcalde.
O presuposto destas obras ascende a 83.839 euros.