BURELA (FNC) .- O Concello de Burela estará presente en todo o mundo a través dos programas e-Xacobeo 2009 e Ano Xacobeo 2010, o que representa, segundo o concelleiro de Turismo, José González Legazpi “un avance sen precedentes da nosa localidade, único Concello da comarca da Mariña e dos poucos de Galicia integrados en dita rede de comunicación, consecuencia de se atopar na plataforma Cidades Dixitais dende outubro do pasado ano, como aposta decidida da nosa Delegación”. Ademáis suporá a presentación do DVD corporativo denominado Gústame Burela “que xa ten presenza no ámbito da ruta xacobea, promovendo así unha divulgación de noso Concello sen precedentes anteriores”.
González Legazpi lembra que “o Concello de Burela esta integrado dende fai algo máis de un ano na plataforma Cidades Dixitais, condición que posibilita que o noso Concello se atope presente de modo predominante non so durante todo o Xacobeo 2010, se non tamén, en tódalas divulgacións previas deste segundo semestre de 2009 promovidas polo e-Xacobeo. Trátase dun referente internacional en canto á utilización de novas tecnoloxías para a promoción mediante o que Burela avanzará na divulgación de tódolos seus recursos xa que logo as estimacións que se pretenden superan os 600 millóns de visitas so na paxina web do Xacobeo, e que terán un efecto multiplicador a outras posibilidades da rede de comunicación”.
Presentes en todo o mundo dende o Camiño francés
O concelleiro nacionalista explica que “un importante número de albergues do Camiño Francés da Ruta Xacobea atópanse dotados xa de puntos tecnolóxicos de comunicación vinculados á plataforma Cidades Dixitais interconectados co existente no noso Concello, e que determinan que Burela será unha das poucas localidades de Galicia e a única da comarca da Mariña con presenza na referida rede de comunicación. Burela avanza deste xeito de forma determinante e sen precedentes na súa divulgación como localidade que ten apostado de forma decidida polas novas tecnoloxías de comunicación, como xa temos dito en moitas ocasións dende a Delegación de Turismo”.
Burela no turismo do século XXI
O Concello de Burela dende a súa Delegación de Industria, Comercio e Turismo “apostou por unha nova forma de entender o turismo, por unha tecnoloxía para un tempo novo, ecolóxica, natural, e respectuosa co medio, presentando agora cara ao Xacobeo un novo dvd corporativo co lema Gústame Burela que se atopa xa integrado na plataforma dixital e por tanto desenvolvendo xa accións transcendentais para Burela de cara ao turismo e aos nosos recursos dende unha rede de comunicación aberta ao mundo na que nos atopamos presentes e que dentro deste segundo semestre de ano 2009 e durante todo o ano 2010 como consecuencia dos programas do Xacobeo, Burela forma parte do turismo do século XXI, e avanza significativamentea o incrementar a súa presenza en redes de comunicación vinculadas coa información xeral, pero primordialmente cos ámbitos turísticos. Por tanto podemos considerar que o concello de Burela atopase xa naquelas plataformas máis modernas que nos traerán sen dúbida grandes posibilidades de desenvolvemento”.