Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela mellorará alumeado e o mobiliario nas rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán

BURELA (FNC). A vindeira semana darán comezo as obras de mellora do alumeado público e do mobiliario urbano nas rúas Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Uns traballos que suporán uns 100.000 euros de investimento en dúas anualidades. O alcalde pide desculpas polas molestias que se poidan causar ós veciños.
Alfredo Llano suliña que “estas obras veñen completar as que xa se realizaron no parque e as que se farán na zona de xogos dese entorno. Trátase dunha inversión tamén moi importante sufragada en parte pola Deputación Provincial de Lugo. Estamos a falar neste caso dunhs 50.000 euros máis ou menos”.

Exit mobile version