Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela informa das propostas da UE para as herdanzas transfronteirizas

BURELA (FNC) .- A Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello de Burela, da que é responsable o Concelleiro Delegado de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, informa da proposta da Unión Europea para a simplificación dos dereitos de herdanza transfonteriza.

O edil nacionalista explica que “no ámbito da U.E. cada ano unha importante cantidade de herdanzas, perto do medio millón inclúen algún elemento internacional, por esta causa e posto que o dereito sucesorio difire de un país a outro e moitas veces non queda clara cal debe de aplicarse, a Comisión Europea propón simplificar os dereitos de herdanza transfronteiriza . Desta maneira as persoas que vivan nun pais que non é o seu poidan optar por facer executar o seus dereitos sucesorios de acordo coa lexislación do seu. E de non ser así, se aplique a lexislación do pais en que reside o causante a todas as súas propiedades, incluso ás que puidera ter en calquera outro país da Unión Europea”.

González Legazpi sinala que “o obxectivo deste proxecto pretende rematar coas contradicións entre as sentenzas de tribunais de varios países da UE referentes a unha mesma propiedade, de forma que unha soa autoridade, no país de orixe ou de residencia sexa a que se ocupe da totalidade da herdanza. Ademais a Comisión tamén propón establecer un certificado que permita aos herdeiros e albaceas demostrar facilmente a súa situación noutro país.En relación co imposto de sucesións , estes non se verán afectados e seguirán rexéndose polo dereito nacional, ao igual que as cuestións referentes ao reparto da herdanza”. E engade que “resulta destacable algúns dos contidos desta información dado o interese que pode representar para os veciños do noso Concello e mesmo para toda a comarca da Mariña, que tanto por circunstancias profesionais, formativas ou de residencia ten unha ampla representación nos distintos países da UE”.

Exit mobile version