A técnico do Banco de Tempo, Vanesa Rodríguez, e unha das socias desta iniciativa acudiron onte á unha xuntanza que celebraba a delegación de Cogami na Mariña en Burela para “explicarlles un pouco o funcionamento e ese intercambio do noso tempo que facemos entre uns e outros”.Vanesa Rodríguez agradécelle a Cogami “que nos convidase e nos permitise darlles a coñecer o noso Banco de Tempo que se atopa xa na súa segunda tempada”.