Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello comunica aos hostaleiros de Burela a entrada en vigor dunha ordenanza sobre ruidos e vibracións

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, envía cartas ós hosteleiros de Burela e fai público un bando no que informa da ordenanza municipal de protección do medio ambiente en materia de ruidos e vibracións.O rexedor sinalou que “estamos enviando cartas ós propietarios de pubs, cafeterías e outros establecementos de hostelería para que coñezan que xa se publicou no BOP no seu número 207 con data do pasado 9 de setembro a aprobación definitiva da ordenanza municipal de protección do medio ambiente en materia de ruidos e vibracións. Co propósito de que todo o mundo estea enterado da existencia desta nova ordenanza e de cómo se vincula ós establecemos tratamos de informalos e e asesoralos para que cumplan coa normativa establecida”.Llano manifestou que “a pretensión final non é outra que darlle unha adecuación ós establecementos para que exista unha boa relación entre os seus propietarios, os seus clientes e os veciños que viven nas proximidades destes locais. A nosa intención é que Burela funcione perfectamente neste campo, que exista unha armonía total nas noites de ocio entre os clientes, os propietarios e os veciños de tal maneira que todo o mundo poida convivir e que sexamos un referente na Mariña neste ámbito”.O alcalde explicou que “queremos establecer unha normativa que todo o mundo a queira cumprir e que a cumpra. Desto xeito, penso que non soamente non imos ter problemas senón que imos gañar moito ó público porque lle daremos unha seriedade a unha cuestión moi importante como é o ocio nocturno nas noites do venres e dos sábados. Mandamos cartas e facemos público un bando no que explicamos que poden vir ata o Concello a informarse para despois establecer e adaptarse ós criterios en materia de ruidos e vibracións. É unha boa medida, tentaremos consesuar con eles a súa posta en marcha e agardamos que sexa beneficiosa para o conxunto da cidadanía e para a hostelería de Burela”.

Exit mobile version