Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité executivo provincial do PP abordou a creación dunha xestora en Foz e o abandono de ediles en Chantada

Nota de Prensa

O comité executivo provincial do PP aprobou hoxe convocar o Congreso local do partido en Lugo

Lugo, a 9 de novembro de 2009.- O comité executivo provincial do Partido Popular celebrou hoxe a súa primeira reunión tras a súa elección o pasado día 31 de outubro durante a celebración do XV Congreso do PP de Lugo.

Así, segundo informou en rolda de prensa a vicesecretaria-voceira Cristina Ares, os integrantes da executiva tomaron hoxe oficialmente posesión dos seus cargos.

Entre os asuntos abordados nesta primeira xuntanza figura a aprobación da convocatoria do congreso local do Partido Popular en Lugo que, en función dos prazos que fixan os estatutos que rixen o funcionamento interno do partido, terá lugar a mediados do vindeiro mes de decembro.

Tamén recibiu o visto bo do comité executivo provincial a creación dunha xestora que se fará cargo da dirección da agrupación popular de Foz tras a formalización da renuncia presentada polo actual Presidente Angel Cao por motivos persoais e laborais. Esta xestora asumirá a dirección do PP neste municipio ata que se convoque un congreso para proceder a elección dunha nova executiva local.

Ademais, o Secretario xeral do PP lucense José Manuel Balseiro deu  conta dun informe elaborado a raíz da decisión adoptada por catro concelleiros de Chantada de abandonar o grupo municipal popular, o  que conlevará a apertura dun expediente e a suspensión inmediata de militancia dos que a día de hoxe aínda non causaran baixa por iniciativa propia no partido.

Exit mobile version