Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación organiza 203 obradoiros portátiles nos colexios

LUGO .- O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, organiza 203 obradoiros portátiles nos colexios públicos, privados e centros de educación especial da provincia, nos que participaran 2.000 nenos nestas actividades extraescolares.

Nota de Prensa
2.000 nenos participarán nos 203 obradoiros portátiles que o CENTRAD organiza nos colexos da provincia

– O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, triplica a oferta e o número de prazas deste tipo de cursos con respecto a edición anterior
– O CENTRAD amplía ademais a programación oficial de obradoiros sumando preto de 60 durante o 2009, un 70 % máis que o ano pasado
– Éxito da exposición “3+3 Vigo. Xeración dos 50” coa asistencia de máis de 800 persoas de todas as nacionalidades

O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, organiza dende este luns 203 obradoiros portátiles nos colexos públicos, privados e centros de educación especial da provincia. 2.000 nenos participarán nestas actividades extraescolares con temáticas moi variadas, dende cestaría, fabricación de papel ou  instrumentos musicais, tapiz, e ata monicreques.

Os primeiros obradoiros, que serán de cestaría e monicreques, comezan este luns, ás 16:00 horas e ata ás 18:00 horas, no colexo Galén da capital. O martes, ás 16:30 horas e ata ás 19:50 horas, os cursos trasládanse ata o centro Vilar Ponte de Viveiro.

Nesta edición, que se prolongará dende o mes de novembro e ata xuño, o CENTRAD triplica o número de cursos e de prazas, grazas ao éxito da última convocatoria.  O ano pasado, o Centro de Artesanía e Deseño organizaou 65 obradoiros portátiles nos que participaron 650 rapaces.

Ampliación de obradoiros
O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, amplía a programación oficial de obradoiros para o 2009, con tres novos cursos sobre costura, madeira e construcción de instrumentos. Deste xeito, o CENTRAD organiza preto de 60 obradoiros este ano, concretamente 57, e aumenta a oferta de cursos, con respecto ao 2008, nun 70%.

O manexo das técnicas de costura para a confección de traxes rexionais, a construcción de viola, ademáis da ebanistería e a restauración, serán os temas dos novos obradoiros que comezarán o vindeiro 16 de novembro nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño.

Os interesados poderán facer a súa inscrición de balde na sede do CENTRAD, na rúa Chantada da capital lucense, dende ás 9:00 horas ás 14:00 horas, e ata o 11 de novembro.
“3+3 Vigo. Xeración dos 50”
A mostra “3+3 Vigo. Xeración dos 50”  pecha coa visita de máis de 800 persoas de todas as nacionalidades que se achegaron a Capela de Santa María. Segundo as enquisas realizadas polo CENTRAD, a maioría dos visitantes procederon de Galicia, prevalecendo as provincias de Lugo e Pontevedra. Nembargantes, tamén houbo asistentes de Madrid, Castela la Mancha, Castela León, Andalucía e Asturias, así como, de Francia ou da República Dominicana.

A vindeira exposición que acollerá a capela de Santa María será “Expo-Manga”, unha mostra inspirada neste arte gráfico xaponés e nos cómics, que se poderá visitar dende o 20 ao 22 de novembro.

Exit mobile version