FOZ / XOVE (MFO).- Os dous equipos mariñáns non puideron gañar nos seus respectivos encontros da liga Primeira Nacional. O Celtas-Primera Calidad non puido superar ao C. B. Vilalba e perdeu por 85 puntos a 94. O C. B. Xove tamén caeu na pista do Toldos Gómez Arzúa por 73 a 56.
O Celtas-Primera Calidad estivo a punto de conseguir a súa primeira vitoria pero unha moi discutible actuación arbitral deixou aos focenses sen o triunfo. O partido comezou con vantaxes para os vilalbeses pero a garra dos de Foz acercounos no marcador e no descanso a diferencia era so de dous puntos. Na reanudacion os visitantes colleron de novo vantaxe pero outro trino dos Celtas volveunos a poñer a tres puntos de distancia. Foi nestes intres candos os árbitros expulsaron a Miguel e pitáronlle dúas técnicas ao adestrador para ser tamén expulsado. Os de Vilalba souberon aproveitarse e leváronse o partido por nove puntos.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Sama (28), Miguel (14), Lucas (7), Diego (16), Aarón (10)-Brais (8), Manuel e Adrián (2).
O C. B. Xove veuse superado polos de Arzúa debido en gran parte a un mal comezo de partido no que encaixaron un parcial de 21 a 6. Os de Xove fóronse recuperando pero xa non puideron dar caza aos de Arzúa.
Polo C. B. Xove xogaron: Álvaro (10), Fernando (11), Juan María (7), Víctor (9), Pablo Castro (13)-Juanma (4) e Javi (2).