Site icon Crónica3.com A Mariña

O CB Burela perdeu ante o Cluny de Santiago 59-33, nun partido irregular

BURELA .- O equipo sénior femenino de CB. Burela viaxou a Santiago este sábado para encararse ao Cluny, o equipo local ao final ganou o partido por 59 -33. O equipo da Mariña chegou a Santiago cun pequeno retardo por mor dun malentendido cos autocares, o que fixo que as rapazas de Burela non fixeran un bo quencemento. A pesar diso o partido estivo moi igualado no primeiro cuarto cun 11-9 a favor das locais. As burelesas loitaron e defenderon moi ben, aínda que non tiñan moita sorte cara á canastra. Mais o desastre chegou no segundo cuarto, cando o C.B Burela baixou a súa intensidade por mor do cansazo das xogadoras, xa que só viaxaron oito, das cales dúas eran sénior (Eva e Carmen) e seis júnior (Tania Blanco, Raquel, Iria, Carla, Lucía, e Laura Chao). Xa no derradeiro cuarto o equipo de Manolo Cobas cambiou a forma de xogar, grazas a unha defensa en zona e ás triplas anotadas por moitas xogadoras fixeron que o equipo de Burela ganara o último cuarto (12-15), aínda que ao final non servise para traer a vitoria para Burela.

“Comezamos cun bo cuarto, pero o cansazo e as pequenas lesións que moitas xogadoras temos, fixeron que nos viñésemos abaixo” Dixo a xogadora Carmen Ventoso.

Exit mobile version