Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide un investimento en 2010 de 30,2 millóns de euros para o Corredor San Cibrao Ferrol

Nota de Prensa

Blanco rexistra unha proposta no Parlamento para garantir o remate da obra en 2007

O BNG pide un investimento en 2010 de 30.217.000 para o Corredor nos orzamentos.

O Bloque Nacionalista Galego presentou na cámara galega unha proposición non de lei para o seu debate no pleno a fin de que a Xunta de Galiza se comprometa a execución da VAC Barreiros-Ferrol no seu tramo de competencia autonómica no horizonte de 2013 e que dote esta actuación dos fundos necesarios.

Na súa presentación o Deputado do BNG, Fernando Blanco, denunciou que a Xunta de Galiza está a incumprir os prazos de remate fixados no Orzamento de 2009 que establecían o 2013 como horizonte de remate, deixando para despois desa data a obra de maior complexidade como é a variante de Viveiro. “Non é de recibo que non se plantexe ningunha alternativa para Viveiro, cando é precisamente nesta zona onde é maior a densidade do tráfico”, afirmou Blanco “a variante de Viveiro non está nin se espera na folla de rota da planificación viaria da Xunta de Galiza”.

O Parlamentario nacionalista considera escandalosa a rebaixa na dotación orzamentaria para 2010 dos tramos lucenses da VAC Barreiros-Ferrol ate o punto de que se rebaixa o investimento comprometido en 13,1 millóns de euros nesta anualidade, isto é un 75%, polo que o investimento nos tramos lucenses da VAC limitase a 4,5 millóns de euros.”Esta claro que con estas cantidades orzamentarias a execución da obra non é posíbel, e aquí non valen escusas sobre as limitacións presupostarías, posto que no Orzamento deste ano aparecen obras viarias en Coruña e Pontevedra que non existían no Orzamento de 2009”.

Xa por último Blanco emprazou aos parlamentarios do PP do norte galego para que se sumen na cámara a defensa dos intereses dos seus veciños e dos seus compromisos electorais. “Sería bo que explicasen os parlamentarios do PP da Mariña e de Ferrol por que fai un ano lle parecía que a dotación para esta obra era insuficiente e este ano e a dan por boa?” preguntouse Blanco, que tamén lembrou que o BNG vai presentar emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza a fin de que se garanta un investimento este ano nos tramos lugueses e coruñeses por un monto de 30.217.000 Euros.

Exit mobile version