Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insta ao concello de Foz a crear unha fonoteca

NOTA DE PRENSA
O BNG INSTA AO CONCELLO A CREAR UNHA FOTOTECA

“É necesario transmitir todo o noso acervo cultural ás xeracións futuras”, afirma Basanta

O BNG de Foz presentará no pleno deste mes unha moción solicitando do Concello a creación dunha fototeca con todos os fundos fotográficos e documentais que existen actualmente no Concello e outros que se poidan ir sumando.

Os documentos fotográficos son actualmente elementos que forman parte do noso patrimonio histórico e cultural e polo tanto o deber dunha administración local é o de coidar e promocionar todo ese patrimonio para que non se perda, igual que pode facer con calquera outro elemento patrimonial. Nos últimos tempos, foi encomiable o traballo realizado tanto por asociacións culturais e sociais como por persoas a título individual na recuperación deste patrimonio fotográfico pero este traballo non estaría rematado se non se fai un esforzo por conservalo e compartilo a través duns fundos públicos ao que todo o mundo poida ter acceso posto que este patrimonio é de todos e non duns poucos.

Desde o BNG vemos imprescindible este labor de recuperación e arquivo como unha forma de transmitir todo o noso acervo cultural, histórico e social ás xeracións futuras: formas de vida, acontecementos sociais e culturais, transformación urbanística, evolución da paisaxe, persoeiros destacados, etc.

A creación da fototeca levaría consigo outro tipo de medidas para a protección e difusión do patrimonio fotográfico como dotala dun banco de imaxes con fundos dixitalizados co obxecto de difundilos a través da páxina web do Concello, organizar un certame anual de fotografía sobre o Concello ou exposicións permanentes variadas.

Exit mobile version