NOTA DE PRENSA
O GRUPO MUNICIPAL DO BNG DO VALADOURO,
CONVOCA:
Este venres 27 de novembro, ás 12:30h.; celebrarase unha xuntanza informativa cos veciños/as do Valadouro, no Salón de Reunións do Concello do Valadouro, para tratar a situación actual do
Proxecto do Polígono Industrial Valadouro-Alfoz. Será un acto aberto cos veciños/as, para analizar os últimos acontecementos en relación con este tema (alegación presentada a totalidade do Proxecto, polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello veciño de Alfoz).
Neste acto, contaremos coa presenza de Teresa Táboas, Deputada do BNG no Parlamento galego e Coordinadora da Executiva Nacional do BNG (ex-Conselleira de Vivenda e Solo). Ninguén mellor
ca ela, para falar deste tema, xa que foi a responsable da Consellería clave neste asunto e en conclusión, a nai deste Proxecto.