Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro considera deficiente a xestión económica do concello

NOTA DE PRENSA
O BNG DE VIVEIRO CONSIDERA MOI DEFICIENTE A XESTIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO

“XA ESTÁ BEN DE CONTOS, QUEREMOS AS CONTAS “ , DÍ O BNG DE VIVEIRO.

O BNG de Viveiro considera que a xestión económica do Concello de Viveiro é moi deficiente xa que nen houbo aprobación de orzamentos do ano que está a rematar nen se coñece a situación na que está o proxecto de orzamentos xerais para o 2010.

“Non se pode responsabilizar ao Servizo de Intervención desta deficiente xestión—manifestou o concelleiro Xosé A. Goás Basanta—xa que os únicos responsábeis de que este ano non houbera orzamentos son o alcalde, que ten que os presentar e o concelleiro-delegado de Economía que semella estar de adorno”.

Os nacionalistas queren lembrarlle aos veciños e veciñas de Viveiro que o Servizo de Intervención foi reforzado coa contratación dun técnico en Asuntos Económicos hai máis de dous anos. “ O Servizo de Intervención—di o concelleiro nacionalista—está formado por xente con capacidade suficiente para facer o traballo técnico. Si non se presentaron os orzamentos neste ano 2009 e si nada se sabe dos do ano que vén, é unica e exclusivamente pola ausencia de directrices políticas para que os técnicos elaboren o documento que dá lugar, en todos os concellos, ao debate plenario máis importante do ano.

O BNG xa se ten posicionado en varias ocasións a respeito deste valeiro na xestión económica do concello. Os veciños e veciñas de Viveiro precisan saber cal é a débeda real a día de hoxe. Os contribuintes de Viveiro deben coñecer o importe total das facturas rexistradas e en que situación se atopan. Tamén debería darse a coñecer o destino do tan anunciado Plan de Saneamento Económico que iba a presentarse no pasado mes de setembro.

De nada vale que , cada vez que se reclaman estas contas, saian vendendo fume contando o conto da boa pipa. A débeda xerada polos gobernos do PP xa se cuantificou en moitas ocasións. Agora toca coñecer cal é a situación económica dun concello que ten como única actividade as obras do Plan E financiadas polo Estado.

O BNG de Viveiro reclama portanto luz e taquígrafos no asunto da xestión económica do concello. Non nos valen disculpas de mal pagador—nunca mellor dito—nen que se culpe aos técnicos dunha iniciativa que ten que ter o alcalde e o seu delegado de asuntos económicos. Xa está ben de contos. Queremos que se rendan contas canto antes.

Exit mobile version