Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros reclama que se arranxe a rede viaria de Celeiro de Mariñaos e o acceso ao barrio do Barral

Barreiros, 27 de novembro de 2009. O BNG pídelle ao alcalde que arranxe canto antes a rede viaria de Celeiro de Mariñaos e o acceso ao barrio do Barral. O asunto analizóuse no pleno ordinario celebrado onte no Concello. Aos nacionalistas non lles valen as escusas dadas ata o momento.
Desde o grupo municipal do BNG, Antonio Veiga, asegura que “neste pleno confirmáronse os incumprimentos que ven mantendo o Concello de Barreiros coa parroquia de Celeiro de Mariñaos relativos á súa rede viaria. Estamos falando dun vial que está cortado ao tráfico desde novembro do ano pasado polos derrubes producidos pola cantidade de auga que pasou por enriba cando se rexistraron os temporais do ano pasado; supuxo un auténtico perigo porque por aí pasan as tuberías da rede xeral de abastecemento de auga de Barreiros, que están á intemperie sen cubrir e sen arranxarse. Os veciños que transitaban por este vial teñen que percorrer desde ese momento dous ou tres kilómetros a maiores. Cando  falamos desta situación, o alcalde respondeu que ata o verán de 2010 vai seguir sen repararse, algo que non nos parece lóxico cando había un compromiso coa asociación veciñal de Celeiro de arranxar esto de inmediato”.
Os nacionalistas denuncian que outra estrada que atopa en mal estado “é o acceso ao barrio do Barral que desde a campaña electoral das municipais de 2007 está nun estado bastante complexo, dado que se estaba empezando a obra, que o poñería en debidas condicións, para poder acceder sen perigo desde a N-634, pero desde que se celebraron eses comicios a obra paralizóuse. A escusa é que non hai material para facer o recheo e un abanico moito máis grande nese acceso para que os da N-634 puidesen entrar e sair sen problemas hacia o barrio do Barral. Non entendemos esta demora, salvo que sexa un castigo ou que o alcalde entenda que esta parroquia non é merecedora de que os seus viais, sobre todo en casos extremos, estean en perfecto estado”.

Ao BNG non lle vale “a escusa económica porque neste mesmo pleno se aprobou un suplemento de crédito de 80.000 euros para gastos correntes e convervación de estradas. Moito menos de 80.000 euros é o que se precisa para arranxar estes viais dos que estamos a falar. Quen vai ter que responder será o propio alcalde aos veciños de Celeiro que foi cos que se comprometeu en máis dunha ocasión a solucionar este problema”.

Exit mobile version