Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros considera excesivos os gastos en xuízos do alcalde

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG CONSIDERA EXCESIVOS OS GASTOS DE REPRENSENTACIÓN EN XUIZOS DO ALCALDE DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS PIDEN EXPLICACIÓNS POLOS PRETO DE 5.000 EUROS QUE VAI PAGAR O CONCELLO POR DÚAS VISTAS.

Barreiros, 30 de novembro de 2009. O BNG considera excesivos os gastos de representación en xuizos do alcalde de Barreiros. Os nacionalistas piden explicacións polos preto de 5.000 euros que vai pagar o Concello por dúas vistas.

Antonio Veiga sinala que “chaman a atención os gastos de representación en xuizos que presentou o alcalde por dúas vistas que tivo que afrontar. Nun deles houbo un sobreseimento do caso e o que nos estrana é que o abogado que defendeu ao señor alcalde de Barreiros, que ten todo o dereito do mundo a ser asistido coma calquera concelleiro da Corporación e que os gastos do xuizo se lle abonen por parte da entidade, pero nun caso no que non foi condeado o alcalde o normal é que a defensa solicite a condea en costas á outra parte. Non se fixo así e o Concello vai ter que pagar 1.196 euros”.

O portavoz do BNG en Barreiros explica tamén que “por outra banda son 3.136 euros por outro xuizo que está sen resolver e que non está sobreseído, non entendemos por qué ten que pagar o Concello eses cartos, en total preto de 5.000 euros. Dada a situación xurídica de Barreiros con moitas demandas…. si se abre esta espita habería que adicar unha partida grandísima para todos os xuizos nos que estea presente o alcalde ou calquera representante do goberno de Barreiros”.

Veiga Outeiro asegura que “a nosa postura foi en contra neste punto que se debatiu no pleno da pasada semana, en tanto en canto non se aclarara un xuizo que está sen resvolver e por qué a defensa do alcalde non pide condea en costas á outra parte nun caso sobreseído. Estamos a falar duns 5.000 euros, pero si foran 50.000 ou 100.000 euros ¿actuaríase do mesmo xeito para defender os intereses do Concello de Barreiros?”.

Exit mobile version