BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela considera moi importante para A Mariña e Ortegal a construción da autovía Ferrol-San Cibrao. Alfredo Llano asistiu ó encontro celebrado esta mañá en Ortigueira para reclamar que esta infraestructura non se paralice.
O rexedor explicou que “hoxe reunímonos en Ortigueira a maioría dos alcaldes tanto da costa da Coruña, como da Mariña lucense porque estamos preocupados pola parálise que se está a dar coa autovía Ferrol-San Cibrao. Hai que ter en conta que hai que apostar por todas as zonas de Galicia, o desenvolvemento é importante para todos. Consideramos que o norte das provincias de A Coruña e Lugo é importantísimo para a economía galega e intentaremos por todos os medios que estas infraestructuras sexan un referente para estas comarcas”.
Llano engadiu que “a base da reunión foi reclamar que non se paralice este vial que tan importante é para todos nós. Hai que ter en conta que si queremos desenvolver económicamente estas nosas zonas teñen que contar cunhas boas infraestructuras. Hai que crear expectativas entre a xente, oportunidades e bó ambiente, porque si esto se vai paralizando estas comarcas tamén se irán desmantelando humanamente e eso quererá decir que perderemos poboación”.
O alcalde suliñou que “esa infraestructura é de suma importancia e que todo o mundo sepa que estamos loitando para que sexa unha realidade”.
Pleno
No pleno celebrado onte no Concello de Burela foi aprobado cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP a eliminación do complemento de productividade. Unha medidas que implicará que eses cartos se destinen a realizar contratacións temporais de persoal. Por unanimidade foi aprobada unha addenda ao convenio entre o Concello de Burela e a comunidade de montes veciñais do Monte Castelo para a realización de obras de interese xeral nesa zona. Na sesión debatíronse tres mocións do PP e unha do equipo de goberno. “Os populares reclamaban máis dotacións da lei de dependencia, e nós dixémoslles que tamén a Xunta se ten que implicar e moito en todo este asunto. Nós presentamos unha enmenda a esa moción que foi aprobada. Presentaron outra moción sobre o desmantelamento dunha comisión do Prestige, e nós explicásmolles que non houbo tal operación, só se tratou dun cambio na xestión que agora está en Madrid. Esta moción foi rexeitada cos votos do bipartito. E aprobamos por unanimidade otra moción do PP relativa ó porto comercial de San Cibrao. Nós tamén presentamos unha reclamando os servizos de I + B nos concellos que puxo en marcha a anterior Xunta. Non queremos que se desmantelen estes centros de coordinación e axuda aos concellos, porque neles traballan moitas persoas que deben seguir realizando esas labores”, explicou Alfredo Llano.