Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros considera moi importante o plan de dinamización turística da Mariña

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros e presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña, Alfonso Fuente, asegurou que no pleno ordinario da entidade celebrado onte en Alfoz “abordamos cuestións importantes como a posta en marcha dun plan de dinamización turística da Mariña. Estivemos a analizar a posibilidade de conseguir os fondos suficientes desde o goberno central para levar adiante esta iniciativa que consideramos moi importante para toda a comarca”.

Fuente Parga explicou que tamén “estivemos a falar da modificación dos estatutos da Mancomunidade. Presentamos unha proposta e no vindeiro pleno tratarase dita modificación, porque algúns dos Concellos ainda non contaban con toda a información. Eses estatutos deberán ser sometidos a debate e aprobación nos distintos plenos dos Concellos”.

A plataforma dixital para a posta en marcha da administración electrónica “foi outros dos asuntos que abordamos no pleno de onte da Mancomunidade, porque estamos diante dunha obligación que teremos os Concellos a partires do 1 de xaneiro de 2010. A través do Plan E do goberno central podemos conseguir subvencións para costear esta implantación. Xa temos a oferta dunha empresa e á vista da oferta económica que nos fixeron xa hai 12 dos 17 Concellos da Mancomunidade que están en interesados na proposta. Contamos que a partires do primeiro semestre do 2010 a administración electrónica poida ser unha realidade na Mariña. A súa implantación sairá a concurso cando chegue o momento”, seguiu a explicar Alfonso Fuente.

O alcalde e presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña suliñou que “recibimos a oferta de dúas empresas para a xestión dos voluminosos. Estamos tentando solucionar un problema importante que agora temos todos os Concellos”. Alfonso Fuente considera que “desde a Mancomunidade non tratamos de impoñer nada, o que tentamos é estudar e xestionar as propostas que nos fan os Concellos en base ás súas necesidades. Queremos entre todos mellorar servizos e que os que se poida se presten conxuntamente porque eso abarata os seus custes”.

O rexedor Barreiros contou que “na sesión de onte tomou posesión o alcalde de Riotorto, e un representante do Concello de Alfoz. Seguimos pendentes de que tomen posesión os alcaldes de Ribadeo e Mondoñedo e estamos tamén pendentes de que Viveiro mande ós seus representantes”.

O vindeiro pleno da Mancomunidade celebrarase en decembro e terá por escenario o Concello de Barreiros “xa que imos rotando a celebración dos plenos polos Concellos que forman a Mancomunidade. Onte estivemos en Alfoz e o vindeiro será aquí en Barreiros”.

Exit mobile version