Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros asegura que as demandas do concello aténdeas un goberno do PP

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que tivo que chegar un goberno do PP á Xunta para atender as demandas do Concello. E engade que xa lle pediu ó bipartito ese plan sectorial para o municipio.

O rexedor amósase sorprendido polas declaracións de PSOE e BNG sobre o urbanismo de Barreiros. Fuente Parga sinala que “precisamente desde o Concello o que levamos demandando mentras PSOE e BNG gobernaban na Xunta era esto, un plan sectorial, que se melloraran servizos, que se dotara de infraestructuras ó noso municipio para amparar unhas licencias que eran regladas en base ás normas subsidiarias e había que concedelas. De non concedelas habería que indemnizar ós propietarios porque, insisto e quero deixar claro esto, as normas que estaban en vigor son as que amparan as licencias que había que conceder e evidentemente se viña demandando día tras día que había que facer esto. Por eso desde o Concello e diante da negativa recibida desde a Xunta, presidida polo PSOE en colaboración co BNG, tivemos que facer frente a un convenio que non lle gustaba a ningún dos dous, nin a PSOE nin a BNG, pero era un convenio que deixa tres millóns e medio de euros no noso concello para mellorar o servizo de abastecemento de auga”.

O alcalde engade que “tivemos que facer frente con fondos propios a melloras na rede de saneamento e nós insistíamos en demandar que esto tiña que chegar por parte da Xunta. Pero tivo que chegar un goberno do PP á Xunta para escoitar as demandas do Concello de Barreiros e elaborar este plan sectorial a través deste convenio que se asinará ó longo deste mes novembro. Por eso me sorprende que agora incluso o PSOE pregunte polas partidas dese convenio, porque os convenios que a señora Caride poñía sobre a mesa non levaban ningunha partida da Xunta, senón que volcaba todas as obligacións no Concello e daquela ó PSOE non lle parecía mal. Hai que entender que agora como xa non gobernan na Xunta agora teñen que criticar todo o que ven bó para este concello”.

Fuente Parga di estar tamén sorprendido polas declaracións que hoxe facía o BNG “sobre que as edificabilidades eran moi grandes, si cre que algunha licencia está mal concedida eu invítoo a que vaia ó xulgado e que o denuncie, porque evidentemente a Xunta non vai amparar excesos de edificabilidade. As licencias simplemente están amparadas polas normas subsidiarias que existían no Concello e polos informes concedidos”.

O mandatario municipal suliña que “me sorprenden todas as críticas neste momento, agora cando chega un goberno do PP á Xunta que escoita ós veciños de Barreiros, que escoita ás asociacións, que pon as solucións enriba da mesa, que devolve a eses veciños que perderon o poder das súas fincas… e decir agora que os veciños terán que pagar esas obras cos seus impostos é increíble. Pero que lles expliquen tamén ós veciños que a partires de xaneiro van ter que pagar máis impostos porque o señor Zapatero así o decidiu subindo o IVA, pero eso non lles parece mal, o que impón o señor Zapatero ós de Barreiros, a todos os españois e ós galegos eso non lles parece mal, eso sí que é preocupante e espero que apoien unha moción que vai presentar o PP para que o goberno do Estado retire ese aumento do IVA que imos ter que pagar todos”.

Marquesinas

Fuente Parga tamén aludiu á demanda efectuada nas últimas horas desde o PSOE para a instalación de marquesinas no concello. O alcalde manifestou que “houbo na zona da estrada N-634 na que se cambiaron as marquesinas gracias a un convenio asinado no seu día cun goberno do PP, e teño que decir que durante catro non recibimos nin un só euro para facer esto. E agora que voltou á Xunta o PP estamos a cambiar as que nos quedaban, por exemplo en Celeiro de Mariñaos, cambióuse hai días alí unha, pero xa estaba previsto cambiala e o vindeiro 10 de novembro se cambiará outra que estaba xa dentro dese plan na mesma zona”.

O rexedor engade que “desde que chegou o PP o único que temos son melloras, cesións e cartos para o noso concello, cando durante catro anos ó PSOE non lle preocuparon as marquesinas porque non quería dar nin un euro ó noso concello. Agora din que se cambiaron porque así o pediron eles, pero eso formaba parte dun plan de hai anos. Cambiáronse unhas cantas cando o PP estaba na Xunta e agora seguimos con esta operación cando o PP voltou ó goberno galego. Nós ás veces estamos a disposición da empresa que constrúe esas marquesinas, por eso unha xa se cambiou e a outra chegará a vindeira semana”.

Exit mobile version