A Concellería da Muller de Lourenzá, no Centro Sociocultural e da 3ª Idade “Torreón dos Frades”, organiza sesións de “MUSICOTERAPIA”, especialmente dirixida a mulleres, aínda que aberta a todo o público. É unha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade e cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller.