O edil Horacio Cupeiro asegura que “agora mesmo temos no almacén municipal 8 cans, 6 pequeniños que teñen sobre mes e medio e que foron abandoados pola nai no monte na zona de Covelas. Son de cor negra e que xa comen. E temos outras cadeliñas novas que non chegan a un ano. Unha delas e dunha cor marrón vermella e outra marrón jaspeada. As dúas teñen moitas gañas de seren adoptadas, porque se lles ve que queren relacionarse coa xente. Xa están acostumbradas a estar con xente e están desexando atopar unha persoa que queira facerse cargo delas”.
Os interesados en adoptar algún destes cans debe poñerse en contacto coa Concellaría de Medio Ambiente no 982 120 701. Cupeiro di que “nós nos poñeremos en contacto con eles para facilitarlles a adopción e que os poidan levar ás súas casas. Terán que asinar únicamente un documento no que se comprometen a tratados axeitadamente”.