Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería do Mar espera un informe que “nos dirá a liña na que traballar” para abrir o dique norte de Alcoa

SANTIAGO .- A Consellería do Mar “estuda en firme a apertura do dique norte do porto de San Cibrao ao tráfico comercial xeral”. A conselleira , Rosa Quintana, prevé que o informe de viabilidade estea listo antes de que remate o ano, documentos “que nos darán a clave e nos dirán a liña na que traballar cara ao futuro en relación con esta infraestrutura”.

NOTA DE PRENSA

A conselleira prevé que o informe de viabilidade estea listo antes de que remate o ano

MAR ESTUDA EN FIRME A APERTURA DO DIQUE NORTE DO PORTO DE SAN CIBRAO AO TRÁFICO COMERCIAL XERAL

?    Mar traballa na idea dunha xestión coordinada dos portos da Mariña lucense para captar novos tráficos e sumar oportunidades
?    Rosa Quintana considera que a posta en funcionamento do dique norte suporía un pulo na dinamización da costa de Lugo
?    A postura da Xunta coincide coas reivindicacións dos colectivos sociais, económicos e políticos da comarca

Santiago, 11 de novembro de 2009.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, manifestou a súa vontade para levar adiante a apertura ao tráfico xeral do dique de Moras, no porto de San Cibrao. Ante a Cámara galega, a conselleira dixo que este tema “xa está en estudo”, e que espera ter os resultados do informe antes de que remate o ano, uns documentos  “que nos darán a clave e nos dirán a liña na que traballar cara ao futuro en relación con esta infraestrutura”.

Rosa Quintana incidiu en que a Xunta traballa na idea dunha xestión coordinada dos portos da Mariña Lucense “para captar novos tráficos e sumar oportunidades”.  Neste senso, a titular de Mar remarcou que o obxectivo da Xunta “non é priorizar uns portos sobre outros, senón integralos e coordinalos, para saír gañando”. “Entendemos que hai tráfico para cada un deles e que cada un debe especializarse na recepción e embarque de mercadorías diferentes”, dixo, e puxo como exemplos a Burela co caolín, Celeiro co seixo ou Ribadeo coa pasta de papel.

A posta en funcionamento do dique norte do peirao sancibrense representaría, segundo explicou a conselleira “un pulo enorme na dinamización do norte galego, xa serviría para captar novos tráficos que agora se levan outros portos como o de Musel en Xixón”. En resposta a unha pregunta parlamentaria, a conselleira lembrou que a postura da Xunta de Galicia “vai na liña de apoiar e dar saída aos esforzos realizados para facer realidade esta reivindicación histórica defendida polos colectivos sociais, empresariais e políticos da Mariña lucense”.

Cambio de postura sobre a apertura

Rosa Quíntana destacou o cambio de postura do grupo socialista acerca da apertura deste dique norte do peirao de San Cibrao destacando que en 1999 defendía o seu destino ao tráfico xeral, namentres que agora cuestionan a súa viabilidade polo impacto sobre ALCOA e os portos comerciais de competencia autonómica situados na Mariña. A este respecto, os socialistas, a través do senador por Lugo Luís Ángel Lago Lage, establecían o horizonte do 2008 para a apertura do dique norte, cando, dous anos despois e tendo baixo o seu goberno todas as administracións implicadas na decisión, non levaron a cabo xestión ningunha neste sentido.

No mesmo senso, a titular de Mar emprazou a Ismael Rego e ao grupo socialista a definirse sobre esta cuestión, entendendo que non se pode crer na afectación sobre os portos e tamén a contraria. Asemade, tamén defendeu a coherencia da postura da Consellería do Mar neste asunto e reiterou a aposta deste departamento coa Mariña e con esta importante infraestructura

Exit mobile version