Site icon Crónica3.com A Mariña

Mal tempo o e boa participación na quinta xornada do campionato de bolos de Xove

XOVE .- Nunha tarde de invernía , con fortes choivas e vento; dado que a boleira do Cruceiro é a máis dura e difícil de todas, a climatoloxía inda complicou máis as cousas, de aí os baixos tanteos, con moitas cucadas. Hai 35 inscritos: 22 na Liga Senior, 5 na Sub 18 e 8 na Liga Feminina. Excelente participación, sobre todo tendo en conta o tempo que houbo

Liga Senior.- A semana pasada incluíamos a César Cancelos dentro dos favoritos, e a súa actuación-victoria na tirada celebrada no Cruceiro confírmanos esa candidatura ao trunfo final; está claro, polo momento César Cancelos está sendo a agradable revelación do campionato neste inicio de temporada. Consolida a súa segunda posición con 43 puntos, restándolle 4 puntos ao líder Ginés Rodríguez, que con 53 puntos encabeza unha semana máis, e restándolle outros 5 puntos ao terceiro, que non é outro que José Rafael González con 33. En cuarta posición Moisés Rodríguez con 31 puntos, que tamén está a realizar unha excelente campaña, mellorando con moito os seus resultados dos últimos anos. José Manuel Cociña e Jaime Álvarez, ambos con 22 puntos, comparten a quinta posición.

Liga Sub 18.- Despois do fiasco da semana pasada, Jose Vigo volveu a realizar unha estupenda tirada, con pleno de puntos, victoria e bolada, o que lle permite seguir comodamente en cabeza con 26 puntos, 11 máis que os seus inmediatos perseguidores, Óscar Meitín e Andrés Rodríguez que levan 15 puntos cada un. A segunda posición acadada por Andrés permítelle empatar con Óscar nesa segunda posición. Nin Alex ninCristian puntuaron, polo que se quedan con 13 e 12 puntos respectivamente. Como conclusión, decir que polo momento temos un líder sólido e moi motivado, seguido por un grupo de catro xogadores nun auténtico pano.

Liga Feminina.- A líder ata esta semana Marta Álvarez non puido participar na tirada, e a segunda na clasificación (Salomé Bermúdez) leva dúas semanas sen puntuar, razón pola cal se produce un volco na clasificación provisional, pasando Carmen Roca a ocupar o liderato (con 17 puntos) despois da súa victoria no Cruceiro, seguida de Dolores Baño que ten 16. Terceira sigue Marta Álvarez con 14 e cuarta Salomé Bermúdez con 12. Continuamos polo tanto cunha gran igualdade nesta categoría, na que, por certo, xa lograron puntuar 11 mulleres distintas.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O A VARA-XUANCES O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO DE 2009.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DO CRUCEIRO (7 NOVEMBRO 2009) ====  35  INSCRITOS:    22 NA LIGA SENIOR,   5   NA LIGA SUB 18  E   8    NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 149 12
SEGUNDO JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ 144 10
TERCEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 137 8
CUARTO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 122 7
QUINTO ADRIÁN COUSO GAVÍN 122 6
SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 121 5
SÉTIMO JOSÉ  BAÑO FERNÁNDEZ 116 4
OITAVO JORDI MEITÍN SERANTES 108 3
NOVENO FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO 102 2
DÉCIMO AUGUSTO ALBO OCAMPO 93 1
MELLOR BOLADA JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ 74 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO JOSE VIGO LAGE 85 6
SEGUNDO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 83 4
TERCEIRO ALEX MEITÍN SERANTES 41 3
CUARTO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 24 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 21 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 40 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 61 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 43 4
TERCEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 36 3
CUARTO CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA 33 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 21 1
Exit mobile version