XOVE .- Nunha tarde de invernía , con fortes choivas e vento; dado que a boleira do Cruceiro é a máis dura e difícil de todas, a climatoloxía inda complicou máis as cousas, de aí os baixos tanteos, con moitas cucadas. Hai 35 inscritos: 22 na Liga Senior, 5 na Sub 18 e 8 na Liga Feminina. Excelente participación, sobre todo tendo en conta o tempo que houbo
Liga Senior.- A semana pasada incluíamos a César Cancelos dentro dos favoritos, e a súa actuación-victoria na tirada celebrada no Cruceiro confírmanos esa candidatura ao trunfo final; está claro, polo momento César Cancelos está sendo a agradable revelación do campionato neste inicio de temporada. Consolida a súa segunda posición con 43 puntos, restándolle 4 puntos ao líder Ginés Rodríguez, que con 53 puntos encabeza unha semana máis, e restándolle outros 5 puntos ao terceiro, que non é outro que José Rafael González con 33. En cuarta posición Moisés Rodríguez con 31 puntos, que tamén está a realizar unha excelente campaña, mellorando con moito os seus resultados dos últimos anos. José Manuel Cociña e Jaime Álvarez, ambos con 22 puntos, comparten a quinta posición.
Liga Sub 18.- Despois do fiasco da semana pasada, Jose Vigo volveu a realizar unha estupenda tirada, con pleno de puntos, victoria e bolada, o que lle permite seguir comodamente en cabeza con 26 puntos, 11 máis que os seus inmediatos perseguidores, Óscar Meitín e Andrés Rodríguez que levan 15 puntos cada un. A segunda posición acadada por Andrés permítelle empatar con Óscar nesa segunda posición. Nin Alex ninCristian puntuaron, polo que se quedan con 13 e 12 puntos respectivamente. Como conclusión, decir que polo momento temos un líder sólido e moi motivado, seguido por un grupo de catro xogadores nun auténtico pano.
Liga Feminina.- A líder ata esta semana Marta Álvarez non puido participar na tirada, e a segunda na clasificación (Salomé Bermúdez) leva dúas semanas sen puntuar, razón pola cal se produce un volco na clasificación provisional, pasando Carmen Roca a ocupar o liderato (con 17 puntos) despois da súa victoria no Cruceiro, seguida de Dolores Baño que ten 16. Terceira sigue Marta Álvarez con 14 e cuarta Salomé Bermúdez con 12. Continuamos polo tanto cunha gran igualdade nesta categoría, na que, por certo, xa lograron puntuar 11 mulleres distintas.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O A VARA-XUANCES O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO DE 2009.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DO CRUCEIRO (7 NOVEMBRO 2009) ==== 35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 149 | 12 |
SEGUNDO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 144 | 10 |
TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 137 | 8 |
CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 122 | 7 |
QUINTO | ADRIÁN COUSO GAVÍN | 122 | 6 |
SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 121 | 5 |
SÉTIMO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 116 | 4 |
OITAVO | JORDI MEITÍN SERANTES | 108 | 3 |
NOVENO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 102 | 2 |
DÉCIMO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 93 | 1 |
MELLOR BOLADA | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 74 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 85 | 6 |
SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 83 | 4 |
TERCEIRO | ALEX MEITÍN SERANTES | 41 | 3 |
CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 24 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 21 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 40 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 61 | 6 |
SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 43 | 4 |
TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 36 | 3 |
CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 33 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 21 | 1 |