Site icon Crónica3.com A Mariña

Lara Méndez dixo en Onda Cero que é desmesurado estar dez horas detida para declarar durante dez minutos

LUGO .- A vicepresidenta segunda da Deputación e portavoz do PSOE no Concello de Cervo, Lara Méndez, falou o martes, na emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3) sobre a súa detención, declaración ante a titular do xulgado número 3 de Lugo e posterior posta en liberdade sen fianza o luns. Lara Méndez dixo que considera desmesurado que a tivesen dez horas detida para despois declarar durante dez minutos.
Sobre a detención da socialista Lara Méndez tamén falou hoxe o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, quen comentou que haberá que esperar á decisión da xustiza. Pero critica que o PSOE non fai o mesmo cando os afectados son do PP.
Onda Cero A Mariña recolleu tamén a opinión da portavoz adxunta do PSOE en Cervo, Beatriz Vázquez, quen manifestou que a agrupación local socialista confía plenamente na xestión de Lara Méndez.
Con todo o concelleiro do BNG no Concello cervense, Xoán Antón Estúa, declinou pronunciarse sobre a detención de Lara Méndez.

Exit mobile version