Nota de Prensa
Pregunta escrita sobre declaracións do Xerente de Atención Primaria Lugo
O BNG pide aclaracións no Parlamento sobre as declaracións do Xerente de Atención Primaria de Lugo en relación á xerencia única sanitaria
Veiga pregúntalle a Balseiro si vai desautorizar as declaracións do alto cargo da Consellaría de Sanidade
A Mariña, 5 de novembro de 2009. O BNG presentará unha batería de preguntas no Parlamento Galego a fin de o goberno aclare o significado das declaracións a un medio de comunicación do Xerente de Atención Primaria en Lugo, José Benito Parga, nas á pregunta sobre os cambios de modelo coa creación da xerencia única literalmente manifestaba que “haberá un xerente único, o que non significa a supresión de ningunha área. É dicir, o hospital de Burela vai seguir a ser o hospital de Burela e o hospital de Monforte, o de Monforte. O que pasa é que a estrutura de xestión dependerá dunha única persoa. Non é novo, é a labor que facía no pasado o director provincial.”. O BNG esixe ao goberno que aclare dunha vez as contradictoria actitude do PP que por unha banda nega o desmantelamento do servizo sanitario da Mariña, e por outra banda afirma, como facía o Xerente de Atención Primaría, que a capacidade de xestion das áreas Sanitarias norte e Sur da provincia vai desaparecer co novo modelo.
Veiga pregunta a Balseiro si vai desautorizar ao Xerente de Atención Primaria de Lugo
Antonio Veiga, Portavoz Comarcal do BNG, “acusa ao PP de tentar confundir á poboación mariñá con discursos contradictorios que só buscan adormecer e evitar a mobilización social contra a decisión xa tomada de crear un novo modelo de xestión, a xerencia única, que pola vía dos feitos decretará coa publicación no DOG a perda de autonomía da actual Area Sanitaria da Costa. O portavoz nacionalista “pregúntalle a Balseiro si vai desautorizar ao Xerente de Atención Primaria de Lugo polas declaracións efectuadas aos medios de comunicación, nas que abría a porta á perda de autonomía”
O Xerente da unidade de xestión de Ferrol deu a clave do que significará o novo modelo para a comarca mariñá
A maiores neste caso chove sobre mollado posto que días antes o xerente da unidade de xestión de Ferrol nunha xuntanza que mantivo con representantes do movemento asociativo e traballadores da sanidade da Mariña exemplificou o funcionamento dunha xerencia única do seguinte xeito: “Eu teño varios hospitais, se me falta un facultativo no Hospital de referencia, voto mao dun doutro hospital do ámbito da xerencia”. Neste sentido Veiga foi explícito ao considerar que “diante dunha necesidade de persoal do hospital de Lugo, a Mariña vai perder especialistas e a cidadanía da comarca terá que desprazarse á capital da provincia como fai 20 anos”
O portavoz comarcal nacionalista tampouco esqueceu que a pesar do afirmado pola Conselleira de Sanidade sobre a vontade da Xunta de Galiza de aumentar servizos e especialidades no Hospital de Burela, nos Orzamentos para 2010 non se recollen as dotacións suficientes para proceder a execución do Plano Director do Hospital que a maiores do establecemento de mais dotacións do centro, significaba a ampliación do edificio do Hospital, elemento central, para que estes se poidan implantar, “e significativo que o PP abandone esta reivindicación votando en contra dun acordo no pleno de Burela que pedía dotacións orzamentarias para estes fins, cando levan catro anos reclamando a ampliación do Hospital da Costa”, sinalou Veiga.
E preciso que a Xunta aclare dunha vez cales son as súas intencións
Os nacionalistas entenden que a poboación mariñá precisa aclaracións aos silencios e contradiccións do goberno galego, “as campañas propagandísticas do Sr. Balseiro van por un lado e os feitos van por outro moi distinto”, sinalou Veiga, e neste sentido a batería de preguntas pretende aclarar dunha vez cal é a intención da Consellaría de Sanidade que aínda non definiu os espazo territorial da futura xerencia única, así o BNG presentará as seguintes preguntas para resposta escrita:
1) Cando ten previsto a Consellaría de Sanidade a implantación da xerencia única na provincia de Lugo?
2) Pode darse o caso de que o xerente da Unidade de xestión, coincida co xerente dunha das tres áreas sanitarias?.
3) Que funcións vai ter o xerente único?
4) Que quere dicir o Xerente de Atención Primaria de Lugo cando afirma que a súa función se corresponde coas que facía no pasado o director provincial?.
5) Das funcións que a día de hoxe desenvolven os xerentes de área cales delas van pasar a ser desenvoltas polo xerente único?
6) Como vai repercutir a creación da xerencia única na perda de autonomía das áreas sanitarias?.
7) A que se refire o Art.5º da Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde cando homologa as funcións dos xerentes de área a figura do equivalente. A que se refire esta orde cando fala do equivalente do xerente de área?
8) Ten pensado a Consellaría de Sanidade proceder a execución do Plano Director do Hospital de Burela?. De ser así por que non se consignan na proposta dos orzamentos para 2010 unha cantidade para a referida actuación?.