NOTA DE PRENSA
O GMPP: “Nieves Cando paga casi sete millóns de pesetas en determinados cursos a unha sola empresa no que vai de ano”.
Os populares afirman que non se fixo ningún procedemento de contratación.
Consideran que esto demostra “o descontrol político do gasto”.
Estes cursos son os de bolillos, bordado, bailes de salón e preparación ó parto. Os populares consideran que se debería ter levado a cabo un procedemento administrativo para a formalización dun contrato para cubrir todos estes cursos, ou alomenos os de bordado e bolillos, que no seu conxunto suman 25.781’73€, tal e como marca a lei, e chamar a tres empresas alomenos para que presentaran ofertas.
O GMPP asegura que este procedemento non se levou a cabo. O que se fixo foi fraccionar o traballo feito para esquivar o contrato, polo que os populares entenden que se tenta buscar beneficiar a esta empresa, que por certo tén a súa sede social na provincia de Pontevedra.
A última factura presentada, cun importe de 4.601’01€, correspóndese cun taller de bordado desde o 13 de Outubro ó 31 de Decembro do presente ano, e que se está cobrando por adelantado, antes de que teña rematado tal taller, o que alomenos é unha irregularidade. A factura chegou ó concello o 15 de Outubro, dous días despois de ter comenzado o curso e a falta de dous meses e medio xustos para o seu remate.
Para os populares, esto demostra que Nieves Cando non tén ningún rigor cando gasta os cartos de todos os veciños deste concello. E partindo do feito de que nos parece ben que se faigan cursos, e que tamén nos parece ben que se paguen, o que sí temos que decir é que non se seguiron os pasos que marca a lexislación e que estes cursiños tamén nos parecen excesivamente caros. Un taller de bordado de dous meses e medio, por só unhas horas á semana, sale en máis de setecentas cincuenta mil pesetas.
Os populares ratifícanse no que xa manifestaron en ocasións anteriores: non hai control político do gasto, e se despilfarra alegremente nos momentos de crise que estamos a vivir. Se no seu día xa denunciamos que había cento vinte mil euros da Delegación de Cultura sen pagar, agora temos que decir que na Delegación de Igualdade, a principios de Novembro, e sólo na partida de gastos diversos, xa había números roxos: xa se debían trinta mil euros.
E o peor é que se segue gastando, pero os cento vinte mil euros pendientes da Delegacion de Cultura están sen pagar; ainda non se aprobaron as bases para a concesión das axudas dos corenta euros, non hai ainda cartos para pagar estas subvencións, e por riba o concello está a recibir cartas de E.On de que temos retrasos nos pagos das facturas do alumiado público. A esto hai que sumarlle os cáseque cincocentos mil euros que se lle adeudan a SOGAMA e a CELTAPRIX pola recollida do lixo.
Segundo os populares, de seguir así, o concello vai hacia unha situación económica difícil. A solución pasa por un maior rigor e un maior control no gasto, menos autobombo e propaganda, e a elaboración inmediata dun plan de reducción e contención do gasto corrente. Nada de esto se está a facer, e as consecuencias, nefastas, pagarémolas os cidadáns deste concello dentro de dous ou tres anos.